Medellín, Badaxoz
Epónimo | Quinto Cecílio Metelo Pio (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Badaxoz | ||||
Capital | Medellín (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.237 (2023) (34,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 65 km² | ||||
Bañado por | Río Guadiana | ||||
Altitude | 264 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 75 a. C. | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06411 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 06080 | ||||
Páxina web | medellin.es | ||||
Medellín é un concello español situado na provincia de Badaxoz, en Estremadura. Pertence á comarca de Vegas Altas, no centro da rexión.
De fundación romana, cabeceira do condado homónimo durante a Idade Media e berce de Hernán Cortés, Medellín conserva, a pesar das desfeitas das guerras e as inclemencias do tempo, un importante patrimonio monumental, cuxos máximos expoñentes son o teatro romano, o castelo medieval e a ponte do século XVII sobre o río Guadiana. A súa economía vira ao redor dunha florecente agricultura de regadío.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O termo municipal é practicamente chairo, por canto que se inscribe na depresión do Guadiana. Tan só destacan algúns cerros illados e de escasa altitude: a Serra de Enfrente (370 m) e Remondo (362 m) e a Serra de Yelbes, a de maior altidud, con 392 msnm; todas elas na marxe dereita do río; e o cerro do castelo que se atopa na marxe esquerda do Guadiana, río que atravesa en termo, de leste a oeste. Dados os mínimos desniveis, o Guadiana comeza a zigzaguear, presentando diversas canles, entre os que sobresaen o río Guadámez e as crebadas do Charco del Ciervo e do Turuñuelo. O río Ortiga, na marxe esquerda, e o Cagánchez, na dereita, completan a rede fluvial.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña en 2016 unha poboación de 2.300 habitantes, agrupados en dúas entidades de poboación: a capital Medellín (1.958 hab.) e a pedanía de Yelbes (342 hab.).
- Fonte: INE
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Teatro romano, en proceso de escavación desde 2007.
- Castelo de Medellín.
- Igrexa de Santiago, dos séculos XIII e XVII, hoxe Centro de Interpretación do recinto arqueolóxico.
- Igrexa de San Martín, dos séculos XIII e XVII.
- Igrexa parroquial de Santa Cecilia, do século XVI.
- Ponte sobre o Guadiana, do século XVII, con vinte ollos e fornelo conmemorativo central.
- Palacio dos Portocarrero, do século XVI.
- Convento de San Agustín, do século XVII.
- Torre do Reloxo, do século XIX, antigo torreón da Porta da Vila.
- Praza de Hernán Cortés, con monumento ao conquistador, obra de Eduardo Barrón (1890).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medellín, Badaxoz |