Luis Peña Ganchegui
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de marzo de 1926 Oñati, España |
| Morte | 2 de abril de 2009 Donostia, España |
| Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (–1959) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Donostia |
| Ocupación | arquitecto |
| Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |

Luis Peña Gantxegi, nado en Oñati o 29 de marzo de 1926 e finado en Donostia o 2 de abril de 2009, foi un arquitecto vasco. Está considerado como un dos introdutores da arquitectura contemporánea en España.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, titulándose en 1959. Desde 1976 dedicouse á docencia, primeiro en Barcelona e logo en San Sebastián, onde foi catedrático desde 1982 e subdirector desde 1983 na Escola Técnica Superior de Arquitectura.[2]
Desde 1959 traballou en numerosos proxectos, a maioría no País Vasco, como o Centro Kursaal, construído en San Sebastián en 1989.[2]
A súa obra máis coñecida é o Peite do Vento, construído canda a Eduardo Chillida, co que tamén realizou a Praza dos Foros de Vitoria. Entre as súas últimas obras figura a reforma de praza Pasai Donibane (Guipúscoa), premiada polo Colexio Oficial de Arquitectos Vasco Navarro en 2007.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Mitxel Ezquiaga: Muere Luis Peña Ganchegui, el renovador de la arquitectura vasca en diariovasco.com.
- 1 2 Ficha en solo arquitectura. (en castelán)
- ↑ Premio Antonio Camuñas de Arquitectura: lista de galardonados.
- ↑ Medalla de Oro de la Arquitectura:lista de galardonados.
- ↑ Fallo del jurado de los IX Premios COAVN de Arquitectura.