Izaskun Chinchilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Izaskun Chinchilla
Nacemento1975
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e Universidade Politécnica de Cataluña
Ocupaciónarquitecta e artista visual
Na rede
Dialnet: 2034526
editar datos en Wikidata ]

Izaskun Chinchilla Moreno, nada en Madrid en 1975, é unha arquitecta superior pola ETSAM dende o 2001. Aínda que non ten nada construído polo momento, o desenvolvemento teórico de realiza con cada proxecto é innovador [1]. Por este motivo, incorporouse ao persoal docente de Proxectos na ETSAM en 2007. É unha das poucas arquitectas españolas que rexe o seu propio estudio[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Izaskun Chinchilla está especializada en metodoloxías experimentais e de investigación, polo que dirixe e participa en numerosos obradoiros en moi diferentes lugares da xeografía mundial. Do mesmo xeito, aparece en numerosas publicacións en diferentes idiomas. Os conceptos cos que traballa son exercicios de multidisciplinaridade onde, a través da ecoloxía, a socioloxía ou a ciencia, a arquitectura distanciase do discurso estilístico e reencóntrase coa complexidade da vida no mundo contemporáneo. Algúns dos teoremas arquitectónicos que ela propón son:

  • Teorema das Botellas de Champagne, co que esta arquitecta explica os perigos aos que se enfronta un colega da profesión cando decide proxectar.
  • O conservadorismo fresh, no que expón que un dos defectos da arquitectura actual é a aparente presentación de propostas con innovacións que se reflicten mediante cores atrevidas, diferentes e novos materiais, sen que supoñan ningunha reflexión arquitectónica real. En palabras dela: Innovar, aínda que ás veces supoña crear polémica e enfrontarse a novos problemas, é unha maneira de garantir o diálogo e a representatividade social dunha obra.
  • Scaling up & down, no que Izaskun propón ollar a diferentes escalas, dando ás veces prioridade ás cousas pequenas. Proxectar contra a apatía sensorial e coñecer as armas da cultura dixital en que vivimos para poder traballar de maneira centrífuga, volvendo unha e outra vez á idea despois de ollar o problema dende outros puntos de vista. Deste xeito, mergullándonos na problemática real, poderemos achegar unha ollada diferente das moitas que xa se intentaron con anterioridade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A10 New European Architecture". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2014. Consultado o 26 de setembro de 2010. 
  2. Tomás Herrero Delicado en A10[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]