Joaquín Vaquero Palacios
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1900 Oviedo, España |
Morte | 28 de outubro de 1998 (98 anos) Madrid, España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Italia (1950–1966) |
Ocupación | arquitecto, pintor |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Joaquín Vaquero Turcios |
Premios | |
| |
Joaquín Vaquero Palacios, nado en Oviedo o 9 de xuño en 1900 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1998, foi un arquitecto e pintor asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Viviu a súa infancia na capital asturiana. En 1921 ingresa na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, e antes de terminar a carreira conta xa con exposicións individuais en París e Nova York. Unha vez graduado como arquitecto incorpórase ao estudio que o seu cuñado, Francisco Casariego, tiña en Oviedo.
Durante un tempo (1950 - 1965) vive en Roma traballando na Academia Española de Belas Artes, da que chegaría a ser director, adicándose por un tempo á pintura. En 1969 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
Como pintor, os temas que máis trataba eran a paisaxe e a arquitectura de lugares de Castela e Asturias, así como arquitecturas antigas e exóticas (ruínas romanas, pirámides de Exipto, poboados de indios americanos). Cando pintaba figuras humanas, estas presentábanse integradas na grandiosidade da paisaxe. Ceo, terra e mar, adquiren unha grande importancia na súa obra.
O seu fillo, Joaquín Vaquero Turcios, tamén é artista (pintor, escultor e arquitecto).
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Encoro e Central de Grandas de Salime (Asturias), 1954.
- Edificio do Instituto Nacional de Previsión en Oviedo.
- Sede da empresa Hidrocantábrica en Oviedo.
- Colexio Maior América en Oviedo.
- Fábrica de Gas en Oviedo.
- Pavillón Español na Bienal de Venecia de 1952.
En Galiza
[editar | editar a fonte]A Vaquero Palacios débeselle a autoría do Mercado de Abastos de Santiago de Compostela, executado entre os anos 1937 e 1942.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Primeira Medalla de Arquitectura da Exposición Nacional (1930).
- Primeira Medalla de Belas Artes na Exposición Nacional (1952).
- Medalla de Ouro da Arquitectura (1996).
- Académico de número da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).