Saltar ao contido

Maximino Rodríguez Buján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaximino Rodríguez Buján
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xuño de 2022 Editar o valor en Wikidata (99 anos)
Caldas de Reis, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz, escritor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Teresa Rodríguez Vieites Editar o valor en Wikidata
Fillosseis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Editar o valor en Wikidata
BUSC: sar-maximo-1922 Dialnet: 3933157

Maximino Rodríguez Buján, coñecido como Máximo Sar,[1] nado en Padrón o 18 de outubro de 1922 e finado en Caldas de Reis o 16 de xuño de 2022, foi un xuíz e escritor galego.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz comarcal de 1951 a 1985 na Estrada, Padrón, Cambados, Sanxenxo e Caldas de Reis. Despois foi xuíz de primeira instancia e instrución en Granollers e Vilagarcía de Arousa. Como maxistrado exerceu en Cidade Real e despois en Pontevedra, onde se xubilou en 1989. Colaborou en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e El Correo Gallego.[2]

Foi un dos fundadores da Fundación Pedrón de Ouro e foi membro da Fundación Rosalía de Castro. Tamén foi cofundador da Ruta Fluvial Xacobea e membro do Ateneo Ullán que creou a Romaría Viquinga de Catoira.[2]

Participou con Borobó, Roxelio Pérez e García Sabell na recuperación dos papeis de Manuel Antonio.[3]

Viviu os últimos anos en Caldas de Reis, onde finou o 16 de xuño de 2022.[4][5]

  • "A toliña", suplemento nº 15 de Alba.

Libros colectivos

[editar | editar a fonte]
  • Homenaxe a Borobó / coordinador, Xoán Guitián (2003). Sada: Ediciós do Castro. P. 317-320: "Borobó, como yo lo veo".
  • Camilo Agrasar e o entusiasmo apaixonado por Rosalía / coordinación, Xosé Ramón Fandiño (2009). Santiago de Compostela: Fundación Pedrón de Ouro, p. 83-85: "Un gran padronés e un gran home, en lembranza da Camilo Agrasar".

En revistas

[editar | editar a fonte]
  • Revista Chan: "La borona está de moda", nº 1, "El lacón con grelos", nº 2, "Lampreas de las pesqueiras de Herbón", nº 4, "La decadencia del caldo", nº 6, "El tesoro de Caldas de Reyes", nº 28.
  • Pascua de Padrón: "José Rodríguez Carbia, importante e polifacético padronés" (1999), "Sobre el escritor Manuel V. Barros" (2008), "Sobre la cultura familiar: de mi infancia padronesa" (2009), "Padrón en el arranque de la transición" (2010).

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • O Concello de Caldas de Reis creou en 2002 o premio xornalístico Máximo Sar para recoñecer a súa traxectoria.
  • En 2020 foi nomeado Fillo Adoptivo de Caldas de Reis.[6]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Teresa Rodríguez Vieites e tivo seis fillos.

  1. "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: m". www.ogalego.eu. Consultado o 2022-06-23. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Maximino Rodríguez Buján Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-06-23. 
  3. Axeitos, X. L. (2022-06-23). "Máximo Sar". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-06-23. 
  4. Falece Máximo Sar, Fillo Adoptivo de Caldas e colaborador de El Correo
  5. Bemposta, Gonzalo (2022-06-22). "Máximo Sar, voz de Celenis". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2022-06-23. 
  6. "Caldas rinde homenaje a Máximo Sar, hijo adoptivo del municipio". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-23. Consultado o 2022-06-23. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]