Maximino Rodríguez Buján

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maximino Rodríguez Buján
Nacemento18 de outubro de 1922
Lugar de nacementoPadrón
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxuíz e escritor
CónxuxeMaría Teresa Rodríguez Vieites
Fillosseis
editar datos en Wikidata ]

Maximino Rodríguez Buján, coñecido como Máximo Sar, nado en Padrón o 18 de outubro de 1922, é un xuíz e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz comarcal de 1951 a 1985 na Estrada, Padrón, Cambados, Sanxenxo e Caldas de Reis. Despois foi xuíz de primeira instancia e instrución en Granollers e Vilagarcía de Arousa. Como maxistrado exerceu en Cidade Real e despois en Pontevedra, onde se xubilou en 1989. Colaborou en La Noche, El Ideal Gallego, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra e El Correo Gallego.

Foi un dos fundadores da Fundación Pedrón de Ouro e foi membro da Fundación Rosalía de Castro.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El hombre que podía volar
  • El Papa gallego
  • A toliña
  • Vacaciones en Marte

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • O Concello de Caldas de Reis creou en 2002 o premio xornalístico Máximo Sar para recoñecer a súa traxectoria.
  • En 2020 foi nomeado Fillo Adoptivo de Caldas de Reis.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Teresa Rodríguez Vieites e ten seis fillos. Reside en Caldas de Reis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]