Saltar ao contido

Hercules: The Legendary Journeys

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hercules: The Legendary Journeys

Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoserie de televisión de fantasía e mythological television program (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aChristian Williams (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compositor/aJoseph LoDuca (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Temática
Universo ficticioXenaverse (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aSam Raimi Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoSam Raimi Editar o valor en Wikidata
EditorialTitus Software Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aUniversal Television Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalSindicación Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo16 de xaneiro de 1995 Editar o valor en Wikidata
Remate22 de novembro de 1999 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración45 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios111 Editar o valor en Wikidata
Tempadas6 Editar o valor en Wikidata
Composto por
Contacto
RedesIMDB: tt0111999 Allocine: 336 Rottentomatoes: tv/hercules_the_legendary_journeys Metacritic: tv/hercules-the-legendary-journeys TV.com: shows/hercules-the-legendary-journeys Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Hercules: The Legendary Journeys foi unha serie de televisión estadounidense baseada na mitoloxía grega e no semi-deus Hércules, protagonizada por Kevin Sorbo.

A serie, rodada nun parque natural de Nova Zelandia, empezou como un telefilme, ata rematar sendo 5 telefilmes para a televisión en 1994.

Posteriormente a serie estreouse o 16 de xaneiro de 1995, emitíndose ata finais de 1999. Despois de 5 anos e medio de gravacións e 6 tempadas en 111 episodios, era vista en máis de 115 países en todo o mundo. A serie tivo un spin off: Xena: Warrior Princess (Xena, a princesa guerreira, emitida entre 1995 e 2001).

Ficharon a Kevin Sorbo como Hércules a finais de 1993, cando os produtores executivos Robert Tapert e Sam Raimi pensaron que era exactamente o tipo de "Joe Montana" que previron para o papel. Kevin Sorbo protagonizou as cinco películas con grande éxito para a televisión antes de trasladarse á serie semanal.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A serie é unha versión fantástica da mitoloxía grega, obviando bastante o aspecto histórico.

Hai moitos anos, Zeus, rei dos deuses, tomou a forma humana e mantivo un romance cunha moza fermosa chamada Alcmena, enganando á súa esposa Hera, a raíña dos deuses. Como resultado deste romance, naceu un bebé, medio deus e medio mortal, que posuía unha gran forza: era Hércules.

Hércules tivo unha difícil infancia e mocidade sen o seu pai. Hera, celosa polo romance entre Zeus e Alcmena, atormentouno desde neno, pero Zeus, prevido pola carraxe de Hera, tamén protexeu a Hércules desde a súa nenez. Hércules sempre quixo coñecer ó seu pai, pero non tivo a oportunidade ata ser adulto.

O seu mentor foi Quirón, o gran centauro. Hércules e o seu amigo Iolao aprenderon a arte da guerra e o xeito de ser un verdadeiro guerreiro: para loitar non con carraxe, senón cun senso da xustiza e da compaixón.

Hércules sentou a testa como granxeiro coa súa esposa Deianira. Tiveron tres fillos: Aeson, Klonus, e Ilea. Durante este tempo Hércules e Iolao emprenderon un bo número de aventuras, e o fillo de Zeus atopará o que máis amaba no mundo: a súa familia, máis co entusiasmo das súas procuras e fazañas.

Hera continuaba no seu resentimento contra Hércules polas accións do seu pai. Mandou toda clase de monstros e salvaxes para destruír a Hércules, ataques inútiles ata que foron dirixidos ó que máis valoraba: a súa familia. A raíña dos deuses botou dúas bólas de lume que deron a morte inmediata a Deianira, Aeson, Klonus e Ilea.

Hércules, cheo de rabia e de dor, xurou ó ceo que faría pagar a Hera polas súas accións para o resto da vida. Despois de queimar o seu fogar, Hércules fixou a súa procura en destruír os sete templos de Hera. Logo diso seguiu coas súas aventuras con Iolao. Noutras ocasións, atopouse co compañeiro algo renuente de Salmoneo, ou con Autólico (o rei dos ladróns) e outros mortais. Nunha das súas aventuras, Hércules axudou a Xena a descubrir o lado bo que había nela e para rexenerarse e loitar contra o mal.

Lista de episodios

[editar | editar a fonte]

A serie conta cun total de 111 episodios divididos en 6 tempadas, máis as 5 películas para televisión previas á serie.

Artigo principal: Lista de episodios de Hercules: The Legendary Journeys

Personaxes

[editar | editar a fonte]