The Three Stooges

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A curta Disorder in The Court (1936)

The Three Stooges foi un grupo cómico norteamericano activo entre 1925 e 1970, coñecidos polas numerosas curtas que realizaron ao longo da súa carreira.

Compoñentes[editar | editar a fonte]

O conxunto coñeceu varias formacións, o trío orixinal compúñano Moe Howard, Shemp Howard e Larry Fine; Curly Howard substituiu a Shemp cando este marchou en 1932 pero volveu logo de Curly sofrer un accidente vascular cerebral en 1946. Despois da morte de Shemp por un ataque ao corazón en 1955 chegou Joe Besser no seu lugar ata a súa substitución en 1958 por Joe DeRita.

Características[editar | editar a fonte]

O grupo baseaba a súa comicidade na violencia física e o xogo verbal, malia que o primeiro que fixeron para a gran pantalla foi unha longametraxe, Soup to Nuts en 1930, fixéronse famosos polas súas curtas, en total foron 190, de aproximadamente 16 minutos cada unha, que se estrearon no cine e logo pasaron pola televisión, contribuíndo ao mantemento da súa popularidade en moitos países do mundo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Three Stooges