Saltar ao contido

Marion J. Lamb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMarion J. Lamb
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1939 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Suffolk, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversity College de Londres Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía, Bioloxía evolutiva e Bioloxía do desenvolvemento Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo evolutivo , bióloga Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBirkbeck College Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Marion Julia Lamb (29 de xullo de 1939 – 12 de decembro de 2021[1]) foi profesora en Birkbeck, Universidade de Londres, antes da súa xubilación. Estudou o efecto das condicións ambientais como a calor, radiación e polución sobre a actividade metabólica e a mutabilidade xenética na mosca do vinagre Drosophila. Desde finais da década de 1980, Lamb colaborou con Eva Jablonka, investigando e escibindo sobre a herdanza das variacións epixenéticas, e en 2005 ambas foron as coautoras do libro Evolution in Four Dimensions, considerado por algúns na vangarda dunha revolución en marcha dentro da bioloxía evolutiva.[2][3]

Traballos sobre temas evolutivos

[editar | editar a fonte]

Lamb, xunto con Jablonka, baseándose no enfoque da bioloxía evolutiva do desenvolvemento e nos descubrimentos recentes en bioloxía molecular e do comportamento, argumentan sobre a transmisión non só de xenes especificamente, senón de diversos tipos de variacións herdables transmitidas ás seguintes xeracións por calquera medio. Suxiren que tales variacións poden ocorrer a catro niveis. Primeiro, ao nivel físico establecido da xenética. Segundo, a nivel epixenético implicando variacións no "significado" de febras de ADN determinadas, nas cales variacións na tradución de ADN durante os procesos de desenvolvemento son seguidamente transmitidas durante a reprodución, o cal pode despois repercutir na modificación da propia secuencia do ADN.[3]

Estes cambios epixenéticos (modificacións químicas e marcadores que cambian a maneira en que os encimas e proteínas regulatorias teñen acceso ao ADN) están sendo estudados actualmente para explicar moitos padróns non mendelianos de herdanza. O mecanimo mellor comprendido é a metilación de nucleótidos que silencia un xene. A metilación pode herdarse durante a división celular, tanto asexualmente (mitose) durante o desenvolvemento e curación de feridas, e nalgúns casos tamén sexualmente (meiose). A metilación está ligada nalgúns casos á interferencia de ARN, a nova ciencia nacente da regulación do ARN na expresión xénica.[2]

A terceira dimensión comprende a transmisión de tradicións de comportamentos. Hai, por exemplo, casos documentados de preferencias por alimentos que se transmiten, por aprendizaxe social, en varias especies animais, que permanecen estables de xeración en xeración mentres as condicións o permitan. A cuarta dimensión é a herdanza simbólica, que é exclusiva dos humanos, e na que as tradicións se transmiten “pola nosa capacidade da linguaxe e a cultura, as nosas representacións de como comportarse, comunicadas pola palabra e a escritura."[3]

No seu tratamento dos niveis máis altos, Lamb e Jablonka distinguen o seu enfoque das banalidades da psicoloxía evolutiva, dos "memes", e incluso das ideas de Noam Chomsky sobre unha gramática universal. Argumentan que hai constantes interaccións entre os niveis –os mecanismos epixenéticos, comportamentais e mesmo simbólicos tamén producen presións de selección sobre a herdanza baseada no ADN e poden, nalgúns casos, incluso axudar a dirixir os propios cambios no ADN– e desa maneira unha "evolución evolucionante". Para animar os seus textos, utlizan experimentos de pensamento e diálogo nos que intervén un investigador escéptico, un IM-Ifcha Mistabra, arameo, dicen, para facer "a conxectura oposta".[3]

Desde a publicación do seu libro, Lamb e Jablonka responderon ás críticas recibidas, citando evidencias que afirman que o cambio evolutivo é facilitado por todos os tipos de información hereditaria que elas identificaron: xenético, epixenético, comportamental e cultural. Afirman quen o seu enfoque amplía as definicións de termos como ‘unidade de herdanza’, ‘unidade de evolución’ e ‘unidade de selección’, e elas sosteñen que o concepto de ‘información’ pode ser moi útil se se define en canto aos seus efectos sobre o receptor. Conceden que a teoría evolutiva non está sufrindo un cambio de paradigma ou revolución kuhniana, pero aducen que a incorporación de novos datos e ideas sobre variación hereditaria e o papel do desenvolvemento na súa xeración, está levando á xestación dunha versión do darwinismo moi diferente daquela centrada no xene que dominou o pensamento evolutivo na segunda metade do século XX.[4]

En 2008, Jablonka e Lamb publicaron o artigo Soft inheritance: Challenging the Modern Synthesis no que afirmaban que hai evidencias de sistemas de control epixenéticos lamarckistas que causan cambios evolutivos e que os mecanismos que subxacen á hedanza epixenética poden tamén orixinar cambios saltacionais que reorganizan o epixenoma.[5] Thomas Dickens e Qazi Rahman escribiron que os mecanismos epixenéticos como a metilación do ADN e a modificación de histonas son herdados xeneticamente baixo o control da selección natural e non supoñen un desafío para a síntese evolutiva moderna. Dickens e Rahman están en desacordo coas afirmacións de Lamb e Jablonka sobre os procesos epixenéticos lamarckistas.[6]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. Jablonka E. Marion Julia Lamb (29 July 1939-12 December 2021). Environ Epigenet. 2022 Mar 16;8(1):dvac009. doi: 10.1093/eep/dvac009. PMID 35496658 ; PMCID: PMC9049106. "Marion Julia Lamb, unha pioneira no campo da epixenética evolutiva, morreu en Londres o 12 de decembro de 2021 á idade de 82 anos de cancro de pulmón."
  2. 2,0 2,1 Buehler, Lukas K. (30 May 2006). "Review of Jablonka & Lamb's Evolution in Four Dimensions". Whatislife.com. Consultado o 2009-10-19. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rose, Steven (23 de xullo de 2005). "Review of Jablonka & Lamb's Evolution in Four Dimensions". The Guardian. Consultado o 2009-10-17. 
  4. Jablonka, E., & Lamb, M.J. (xuño de 2007). "The expanded evolutionary synthesis—a response to Godfrey-Smith, Haig, and West-Eberhard". Biology and Philosophy 22 (3): 313–474. ISSN 0169-3867. doi:10.1007/s10539-007-9064-z. 
  5. Eva Jablonka, Marion J. Lamb. (2008). Soft Inheritance: Challenging the Modern Synthesis. Genetics and Molecular Biology. 31: 393.
  6. Thomas Dickens, Qazi Rahman. (2012). The extended evolutionary synthesis and the role of soft inheritance in evolution. Proceedings of the Royal Society: B biological sciences, 279 (1740). pp. 2913-2921.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]