Xiao Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xiao Varela Gómez

Escudo de A Coruña.svg
Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
por Marea Atlántica
Actualmente no cargo
Dende o 2015

Concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda do Goberno Municipal da Coruña
Actualmente no cargo
Dende o 2015
Precedido por Martín Fernández Prado

Datos persoais
Nacemento 1978
A Coruña, Galicia Galicia
Partido Marea Atlántica
Profesión Arquitecto, político
Residencia A Coruña
Twitter @xiaovarela
Facebook xiao.varela

Xiao Varela Gómez, nado na Coruña en 1978, é un arquitecto e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na órbita do BNG durante o período 2007-2011[1], pasou formar parte en 2014 da Marea Atlántica, coa que chegaría ao Goberno Municipal da Coruña tras ir como número 3 da candidatura. Foi nomeado Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda.

Arquitecto de formación, dedicouse á arquitectura, ao urbanismo e a intervención comunitaria desde a Cooperativa Hábitat Social, da que foi socio e da que causou baixa após á súa incorporación ao Goberno Municipal coruñés.

Dentro do seu ámbito profesional realizou diversos traballos, desde o urbanismo participativo como a Cidade dos Barrios até a construción natural, predominantemente vivendas unifamiliares; investigando, divulgando e promovendo o uso de materiais naturais e a recuperación das técnicas tradicionais na construción moderna.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El BNG, cantera de las mareas www.lavozdegalicia.es, 15/03/2015

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]