As Marcas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Marche")
Ascoli Piceno (Marcas)

As Marcas[1][2] (en italiano: Marche) é unha rexión da Italia central de 1 536 098 habitantes, con capital en Ancona. Limita coa Emilia-Romaña, a República de San Marino, a Toscana, a Umbria, os Abruzos, o Lacio e o mar Adriático.

Características[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

A economía marquesana está constituída maiormente por unha florecente pequena e media industria altamente especializada e distribuída de xeito regulas por todo o seu territorio, aínda que concentrada sobre todo no litoral e nos vales. Entre os sectores máis relevante, cabe destacar a industria do calzado, en numerosos centros das provincias de Macerata, Fermo e Ascoli Piceno, a industria mobiliaria e mecánica en Pesaro, a mecánica e vitivinícola de Castelli di Jesi, patria do viño Verdicchio, a grande industria naval de Fano e Ancona, electrodomésticos en Fabriano e a turística, cada vez máis importante debido á proliferación de centros balnearios e artísticos por toda a rexión, que atraen visitantes de toda Italia e Europa.

Subdivisión administrativa[editar | editar a fonte]

As provincias das Marcas

As Marcas están divididan en cinco provincias:

Provincia Concellos
Ancona 49
Ascoli Piceno 33
Fermo 40
Macerata 57
Pesaro e Urbino 67

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ver entrada de «Urbino». Editorial Galaxia, ed. (2007). Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). p. 2116. ISBN 9788482893600. 
  2. González Rei, Begoña (2004). Ortografía da lingua galega. Galinova Editorial. ISBN 978-8497370417.