Faíscas do Xiabre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Faíscas do Xiabre
OrixeCatoira, Galicia Galicia
Período1970-1979
Xénero(s)Música tradicional galega
Selo(s) discográfico(s)Guimbarda
MembrosMoncho García Rei
Piri Vicente Lorenzo
Xosé Vicente Ferreirós
Nando Casal
Artistas relacionadosMilladoiro

Faíscas do Xiabre foi un cuarteto de música tradicional galega formado a comezos da década de 1970 en Catoira. Permaneceu en activo até o ano 1979 cando foi disolto para formar o grupo Milladoiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo estaba composto na percusión por Moncho García Rei e Serafín Vicente Lorenzo e polos gaiteiros Xosé Vicente Ferreirós e Nando Casal.

En xullo de 1978 participaron na primeira edición do Festival de Ortigueira e a comezos de 1979 publicaron o seu primeiro e único disco, titulado In memoriam.[1] Este traballo contou coa participación de Antón Seoane e Rodrigo Romaní, músicos aos que Nando Casal, Xosé Ferreirós e Moncho García,[2] se uniron a continuación para formaren o grupo Milladoiro.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Faíscas Do Xiabre – In Memoriam (1979)". Consultado o 2021-06-15. 
  2. "Milladoiro - Compoñentes". milladoiro.gal. Consultado o 15/06/2021. 
  3. Pereiro, Xosé Manuel (2009-04-30). "Os que abriron o camiño". El País. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]