Ducado de Villena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ducado de Villena
Primeira creación
Corona de duque.svg
Primeiro titularDon Juan Manuel, Príncipe de Villena
ConcesiónPedro IV de Aragón
1336
LiñaxesCasa de Manuel de Villena
Actual titularExtinguido
Segunda creación
Corona de duque.svg
Primeiro titularHenrique de Trastámara, Infante de Aragón
ConcesiónXoán II de Castela
1420
LiñaxesCasa de Aragón
Actual titularExtinguido
Escudo de Villena, Alacant, que deu nome ao Señorío de Villena, logo Ducado de Villena.
Escudo de armas da familia Manuel, señores do señorío de Villena.
Infante don Juan Manuel, "Duque de Villena" e de "Peñafiel".
Extensión do señorío de Villena, por 1340.
Armas do infante de Aragón, Henrique de Trastámara, I duque de Villena.

O Ducado de Villena é un título nobiliario español de carácter histórico, creado oficialmente como título nobiliario en 1420 polo rei de Castela Xoán II a favor do seu curmán carnal e cuñado, Henrique de Trastámara, infante de Aragón, posiblemente con motivo do matrimonio de Henrique en 1420 coa irmá do rei, Catarina de Castela, filla tamén de Henrique III.

Henrique de Trastámara era fillo de Fernando I de Aragón e de Leonor Urraca de Castela, condesa de Alburquerque.

A súa denominación fai referencia á localidade de Villena, actualmente provincia de Alacant.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

O Señorío de Villena fórmase entre 1252, ano no que morre Fernando III de Castela, e 1256, a favor do seu fillo o infante don Manuel, I señor de Villena, coas poboación de Terra de Jorquera. Hellín, Tobarra, Almansa, Yecla, Sax e Villena, o que foi coñecido como Terra de don Manuel.

O sector norte do señorío, a chamada Terra de Alarcón e Iniesta, que era terra de reguengo, foron posteriormente incorporadas ao señorío de Villena polo seu fillo e sucesor o Infante don Juan Manuel, II señor de Villena.

O infante don Juan Manuel, exerceu o seu señorío como un auténtico príncipe soberano, intitulándose sucesivamente, señor, príncipe e duque de Villena.

Aínda que só o título de señor tiña un fundamento xurídico e territorial, en Castela, e o único que se lle recoñeceu historicamente, o feito de intitularse tamén príncipe e duque de Villena, tivo a súa orixe en que, no ano 1333, o rei de Aragón Afonso IV outorgoulle o privilexio e rango de principado ao seu señorío de Villena, e posteriormente Pedro IV de Aragón, outorgoulle o título de duque en 1336.

Á morte do infante don Juan Manuel, en 1348, o señorío de Villena, reverteu á Coroa de Castela.

É en 1420, cando se volve a conceder o señorío de Villena, polo rei de Castela, Xoán II, ao seu curmán carnal e cuñado Henrique de Trastámara, infante de Aragón, con rango de ducado, sendo considerado este, como I duque de Villena.

Duques de Villena[editar | editar a fonte]

Titular Período
Creación por Pedro IV de Aragón
I Infante Juan Manuel de Villena e Borgoña-Saboya 1336-1348
.... Único titular. Reverteu á Coroa
Creación por Xoán II de Castela
I Henrique de Trastámara 1420-1445
.... Único titular.Reverteu á Corona

Historia dos duques de Villena[editar | editar a fonte]

Primeira época:

Foi, na súa época, un dos máis ricos e poderosos señores de Castela, chegando a ter o seu propio exército composto por máis de mil cabaleiros. Acuñou a súa propia moeda, como facían os reis e os príncipes soberanos.

  1. Casou, en 1299, con Isabel de Mallorca e de Foix. Sen descendentes deste matrimonio.
  2. Casou, en 1311, con Constanza de Aragón e Anjou, filla do rei de Mallorca Xaime II o Xusto.
  3. Casou con Blanca Núñez de Lara, filla do infante Fernando de la Cerda, neto de Afonso X.

Descendencia do Infante don Juan Manuel:

  1. Do primeiro matrimonio con Isabel de Mallorca e de Foix, non tivo descendentes.
  2. Do segundo matrimonio con Constanza de Aragón, tivo a:
    1. Constanza Manuel de Villena e Barcelona, que casou con Pedro I de Portugal.
    2. Beatriz, que morreu nova.
  3. Do terceiro matrimonio con Blanca Núñez de Lara, tivo a:
    1. Fernando Manuel de Villena e Núñez de Lara, quen sucedeu a seu pai como señor de Escalona, de Peñafiel e de Villena, que casou con Juana de Empúries, filla de Ramón Berenguer de Aragón e Anjou, conde de Empúries, quen era fillo de Xaime II de Aragón.
    2. Juana Manuel de Villena e Núñez de Lara, señora de Escalona e Peñafiel, que casou en segredo co infante Henrique, logo rei de Castela como Henrique II, ao matar este ao seu irmán o rei de Castela Pedro I, nos campos de Montiel, coa axuda de Beltrán Duguesclín.

Fillos ilexítimos, tidos con Inés de Castañeda:

  1. Sancho Manuel de Villena e Castañeda
  2. Enrique Manuel de Villena e Castañeda, conde de Cea.

Segunda época : (Creación como título nobiliario):

  1. Casou en 1420, con Catarina de Castela, filla de Henrique III e de Catarina de Lancáster, infanta de Castela e irmá de Xoán II. Sen descendencia deste matrimonio.
  2. Contraeu un segundo matrimonio en 1444 con Beatriz Pimentel, filla de Rodrigo Alonso Pimentel, II conde de Benavente e de Leonor Enríquez de Mendoza.

Descendencia de Henrique de Trastámara:

  1. Do seu primeiro matrimonio con Catarina de Castela, non tivo ningún descendente.
  2. Do seu segundo matrimonio con Beatriz Pimentel tivo a:
    1. Henrique de Aragón e Pimentel, I duque de Segorbe, que casou con Guiomar de Portugal, filla de Afonso de Portugal, I conde de Faro, II conde de Odemira.

Fin[editar | editar a fonte]

O ducado de Villena volveu á coroa á morte de Henrique de Trastámara en 1445, volvéndose a conceder o 12 de novembro do mesmo ano por Xoán II de Castela a Juan Pacheco, con categoría de marquesado, que pasou a ser I marqués de Villena, quen tamén foi nomeado I duque de Escalona.

Notas[editar | editar a fonte]

  • Diccionario de mercedes nobiliarias españolas ocupadas y vacantes.
  • Fundación Medinaceli, ficha de don Juan Manuel [1].
  • Elenco de Grandezas y Títulos Nobiliarios Españoles. Instituto "Salazar y Castro", C.S.I.C.