Guillerme I de Hainaut
Guillerme I de Hainaut | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1287 |
Falecemento | 7 de xuño de 1337 |
Lugar de falecemento | Valenciennes |
Soterrado | Valenciennes |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | político |
Pai | John I of Hainaut |
Nai | Filipa de Luxemburgo |
Cónxuxe | Joana de Valois, Condessa de Hainaut |
Fillos | William II of Hainaut, Margarida II, Condessa de Hainault, Filipa de Hainaut, Joanna of Hainaut, Catherine d'Avesnes, Isabella d'Avesnes e Jan Aelman |
Irmáns | John of Beaumont, Maria de Avesnes e Alice of Hainault |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Guillerme I de Hainaut, nado circa 1286 e finado en Valenciennes o 7 de xuño de 1337, foi conde de Hainaut de 1304 a 1337 e conde de Holanda (Guillerme III de Holanda) de 1304 a 1337. Era fillo de Xoán I, conde de Holanda e de Filipa de Luxemburgo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Dende moi novo, participou activamente na loita que a súa familia mantiña contra os Dampierre, propietarios do condado de Flandres. Eliminou as tropas flamengas que invadiran os Países Baixos en apoio aos rebeldes de Zelandia e someteu ese condado.
Despois de morrer o seu irmán máis vello, Xoán ("Jean Sans Merci") na batalla de Courtrai (1302), despois da morte do seu pai, Xoán I de Hainaut, converteuse en herdeiro dos condados de Hainaut, Holanda e Zelandia.
En 1306 acordou co conde de Flandres unha tregua de catro anos. Pero a guerra retomouse despois deste prazo. Os holandeses e os zelandeses non o axudaron na guerra de Hainaut, co pretexto de que non estaban obrigados a facelo e que necesitaban defender as súas propias costas. Isto obrigouno, en 1310, a solicitar a paz nunhas condicións bastante duras para el[1].
En 1315, co apoio de Luís X de Francia, declarou de novo a guerra en Flandres para anular as condicións do tratado que fora obrigado a asinar en 1310. O monarca francés atacou Flandres polo Artois mentres Guillerme remontaba o Escalda cunha gran frota incendiando Rupelmonde e outros lugares de Waesland. Pero o mal tempo, debido ás fortes choivas, interrompeu a campaña[2]. Ao mal tempo sucedeu unha peste xeral en todo o país, o que propiciou a negociación o ano seguinte para un acordo de paz. Luís X morrera en xuño de 1316 e o seu sucesor, Filipe V tivo que afirmarse o trono de Francia polo que o tratado non se concluíu ata o 2 de xuño de 1320[3].
O seu traballo de goberno[editar | editar a fonte]
A súa alianza con Francia contribuíu enormemente ao aumento da súa autoridade, así como a ter no seu favor, debido ao matrimonio das súas fillas, a Inglaterra e ao Imperio ademais da amizade de Bohemia, o axudou a se liberar do xugo de Flandres e Brabante. Liberou Zelandia e Holanda do Sur, apoderouse do bispado de Utrecht e someteu aos frisóns[4].
Rematou cos abusos do clero e da nobreza en materia de impostos. O 21 de marzo de 1322 concedeulles aos habitantes de Genly o privilexio de se gobernaren co mesmo foro que os de Mons. O seu celo pola xustiza fíxoo inflexíbel no castigo dos mandatarios que abusaban dos seus cargos[5].
En 1334, deu negociado a paz con Luís de Nevers e o duque de Brabante Xoán III que estaban en guerra durante dous anos. Ao comezo da Guerra dos Cen Anos, tomou o partido do seu fillo Eduardo III, rei de Inglaterra[6], contra o seu cuñado, o rei de Francia Filipe VI de Francia, e formou unha coalición co rei de Inglaterra, o duque de Brabante, o conde de Gueldre, o arcebispo de Colonia e o duque de Juliers.
Morreu en Valenciennes o 7 de xuño de 1337. Pouco despois da súa morte, déuselle o alcume de "O Bo", sen que se estea seguro sobre o seu fundamento[5].
Matrimonio e descendencia[editar | editar a fonte]
O 19 de maio de 1305 casou con Xoana de Valois (1294-1352) e filla de Carlos I de Valois (1270-1325), conde de Valois, conde de Anjou e Maine; conde de Alençon, Chartres e Perche e Margarida de Anjou (1273-1299). O matrimonio tivo oito fillos:
- Xoán, morto en 1316.
- Guillerme II (1317-1345), conde de Hainaut, Holanda e Zelandia.
- Margarida II (1311-1356), condesa de Hainaut, de Holanda e Zelandia, casou co emperador Luís IV de Baviera.
- Filipa de Hainaut (c. 1314-1369), casou en 1328 con Eduardo III de Inglaterra.
- Xoana (c.1315-1374) casou en 1334 con Guillerme V (c.1315-1362), duque de Juliers.
- Inés, falecida despois de 1327.
- Isabel (c. 1323-1361), casou en 1354 con Roberto de Namur (c. 1325-1391), señor de Beaufort.
- Luís (1325-1328).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Kerroux 1778, p. 123.
- ↑ Dujardin 1757, p. 280.
- ↑ Dujardin 1757, p. 281.
- ↑ Dujardin 1757.
- ↑ 5,0 5,1 Dujardin 1757, p. 301.
- ↑ Dujardin 1757, p. 297.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dujardin, Benigne (1757). Histoire Générale des Provinces-Unies. (en francés). París: Ed.P.G. Simon..
- Kerroux, Louis Gabriel Florence (1778). Abrégé De L'Histoire De La Hollande Et Des Provinces-Unies: Depuis Les Tems Les Plus Anciens Jusqu'A Nos Jours, Volum 1 (en francés). Leiden: Jacques Murray. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guillerme I de Hainaut ![]() |