Pilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María del Pilar Alfonsa Juana Victoria Luisa Ignacia de Todos los Santos de Borbón y Borbón ![]() 30 de xullo de 1936 ![]() Cannes, Francia ![]() |
Morte | 8 de xaneiro de 2020 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | cancro colorrectal ![]() |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | dirixente deportiva ![]() |
Membro de | |
Outro | |
Título | Infanta de España Duchess of Badajoz (en) ![]() ![]() |
Familia | Casa de Borbón-Anjou ![]() |
Cónxuxe | Luis Gómez-Acebo y Duque de Estrada, Vizconde de la Torre (1967–1991), morte do cónxuxe ![]() |
Fillos | Simoneta Gómez-Acebo, Juan Gómez-Acebo, Bruno Alexander Gomez-Acebo y de Borbón, Luis Beltran Gomez-Acebo y de Borbón, Fernando Umberto Gomez-Acebo y de Borbón ![]() |
Pais | Xoán de Borbón e Battenberg ![]() ![]() |
Irmáns | Margarida de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias Afonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias Xoán Carlos I de España ![]() |
Cronoloxía | |
Papeis de Panamá ![]() | |
Premios | |
![]() ![]() ![]() |
Pilar de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias, nada en Cannes, Francia, o 30 de xullo de 1936 e finada en Madrid o 8 de xaneiro de 2020, foi Infanta de España polo Real Decreto 1368/1987, de 6 de novembro.[1] Filla de Xoán de Borbón, conde de Barcelona e de María das Mercedes de Borbón-Dúas Sicilias, foi irmá do rei de España, Xoán Carlos I e da infanta Margarida. Tiña o tratamento de Alteza Real, e era ademais Duquesa de Badaxoz por Decreto 758/1967, de 13 de abril.
Dereitos de sucesión
[editar | editar a fonte]Renunciou aos seus dereitos de sucesión ao trono español ao contraer matrimonio cunha persoa allea a algunha familia real como estipulaba a Pragmática Sanción do rei Carlos III sobre matrimonios dos membros da familia real, pero esta renuncia, ao producirse anterioridade á entrada en vigor da Constitución e á reinstauración da monarquía non foi ratificada polas Cortes Españolas. Aínda que a norma de Carlos III quedou abolida de facto coa proclamación da II República, a maioría de expertos na materia consideran que tanto Pilar como a súa irmá e todos os seus descendentes quedaron excluídos da liña sucesoria pero esta situación non foi confirmada oficialmente. Ademais a Constitución española de 1978 establece no artigo 57.5 que: As abdicacións e renuncias e calquera dúbida de feito ou de dereito que ocorra na orde de sucesión á Coroa resolveranse por unha lei orgánica, o que posibilita que no caso de que fose necesario a infanta Pilar e os seus fillos poidan ser incluídos na liña de sucesión con aprobación das Cortes Xerais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pilar de Borbón foi presidenta da Federación Ecuestre Internacional desde 1994 ata 2005, cando foi sucedida no cargo pola princesa Haya bint Hussein de Xordania. Tamén era membro honorario do Comité Olímpico Internacional desde 2006, tendo sido membro activo desde 1996. Así mesmo formou parte do Consello de Honra do Comité Olímpico Español.
Contraeu matrimonio o 5 de maio de 1967, no mosteiro dos Jerónimos de Belém de Lisboa con Luis Gómez-Acebo y Duque de Estrada (1934-1991) vizconde de La Torre e primo irmán da raíña Margarida de Bulgaria, do cal naceron cinco fillos:
- María de Fátima Simoneta Luisa Gómez-Acebo y Borbón (n. 28 de outubro de 1968)
- Juan Filiberto Nicolás Gómez-Acebo y Borbón (n. 6 de decembro de 1969)
- Bruno Alejandro Gómez-Acebo y Borbón (n. 15 de xuño de 1971)
- Luis Beltrán Alfonso Gómez-Acebo y Borbón (n. 20 de maio de 1973)
- Fernando Umberto Gómez-Acebo Borbón (n. 30 de setembro de 1974)
O esposo da infanta, duque consorte de Badaxoz, faleceu o 9 de marzo de 1991, a consecuencia dun cancro linfático.
Distincións honoríficas
[editar | editar a fonte]- Dama Gran Cruz da Real e Distinguida Orde de Carlos III.
- Dama da Real Orde de Damas Nobres da Raíña María Luisa.