María Soliño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "María Soliña")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Soliño
Rúa Mariña Soliña O Ponto Narón wGL.jpg
Rúa María Soliña, no Ponto (Narón).
 Cangas
NacionalidadeEspaña
CónxuxePedro Barba
editar datos en Wikidata ]

María Soliño ou tamén María Soliña, nada no século XVI en Cangas, foi unha muller condenada polo tribunal inquisitorial acusada de practicar bruxería. Tras a súa morte, converteuse nun símbolo do sufrimento do pobo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Descoñecese a data oficial da súa morte (de feito non hai partida de defunción). Casou con Pedro Barba, de profesión mariñeiro. Tivo fillos, pero descoñécese cantos. Posuía diversas riquezas, nomeadas máis adiante.

Época[editar | editar a fonte]

Cangas era daquela unha importante vila mariñeira, en pleno auxe económico, con importantes ganancias económicas provenientes da pesca e do salgado do peixe. No ano 1617 un ataque dos piratas turcos en Cangas arrasa a vila e súmea nunha importante época de depresión económica en que os nobres temen perder as riquezas por mor da imposibilidade dos seus vasalos de pagárlle-las rendas que esixían. Na dita invasión morren trinta e tres persoas, son capturadas preto de oitenta e deixan queimadas case duascentas casas e os aparellos de pesca e as barcas son esnaquizados. Como mostra da pobreza provocada pola invasión, un nobre do lugar envioulle unha carta ao rei para que liberase o pobo cangués de pagar os impostos durante un tempo e así permitir a rápida recuperación da zona.

Como mecanismo de defensa, os donos das terras forxan un plan, de acordo coa Inquisición para non perder o poderío económico que tiña desde había décadas. Ese plan era utilizar a Inquisición para denunciar as bruxas (xeralmente mulleres con posesións importantes, aínda que tamén se xulgaban pobres para non levantar sospeitas); a Inquisición e o nobre denunciante repartían as ganancias obtidas.

As súas posesións[editar | editar a fonte]

Casada cun dos homes máis importantes da vila, pasou a posuír os seus bens cando Pedro Barba morreu no ataque turco. Tiña unha casa de dous andares de pedra, varias leiras en posesión, unha dorna e, o máis importante, dereitos de presentación na colexiata de Cangas e na igrexa da San Cibrán, Aldán.

O dereito de presentación[editar | editar a fonte]

O dereito de presentación era un poder polo cal a persoa que o posuía, normalmente o sucesor do fundador dunha igrexa, tiña unha porcentaxe das súas ganancias e o poder de decidir quen sería o titular desta cando quedaba vacante.

Causas da acusación[editar | editar a fonte]

Á parte de ter unha gran fortuna, o mito di que toleou tras a morte do seu marido e os seus fillos na invasión de 1617. Ía cada noite á praia, escoitaba as ondas e paseaba pola area, lembrando os familiares mortos; esta foi causa abonda para sospeitar dela e iniciar o proceso.

Implicación na caza de bruxas[editar | editar a fonte]

Sendo como era unha das mulleres máis ricas da vila, deseguida chamou a atención dos nobres. Nove mulleres en total, entre elas Soliño, foron xulgadas e condenadas por diferentes acusacións relacionadas coa bruxaría. Cos datos necesarios atopados, e os que non, inventados, foi levada aos cárceres secretos do Santo Oficio.

Proceso penal[editar | editar a fonte]

María Soliño foi capturada e torturada ata que confesou ser bruxa dende había dúas décadas. Requisaron os seus bens e dereitos de presentación (que era o principal obxectivo do Santo Oficio) e condenárona a levar o hábito de penitente por seis meses, pero non se sabe se morreu antes ou despois do castigo, pois non hai acta de defunción. Por outra banda é presumible a súa morte pouco tempo despois da tortura xa que, con setenta anos, os danos físicos e psíquicos producidos nela non podían deixar de notarse.

Por culpa das súas posesións e a avaricia dos nobres, María Soliño morreu pobre e soa. Pero sempre se mantivo na memoria colectiva, aínda que a súa imaxe se teña deformado como bruxa e tola.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]