Teresa Salgueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTeresa Salgueiro

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Maria Teresa de Almeida Salgueiro
(pt) Teresa Salgueiro Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1969 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositora de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoWorld music Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoBlue Note Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webteresasalgueiro.pt Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0758230 Allmovie: p548264
Facebook: teresa.salgueiro Twitter: SalgueiroMusic Instagram: teresasalgueiro.music Youtube: UCfsQtehpjt9MBpntA2rqTRA Spotify: 49W26EcOwY0UdytNfa3zGH iTunes: 83952115 Last fm: Teresa+Salgueiro Musicbrainz: a4c2d5c1-258c-42ed-bb3b-e99e648cc038 Songkick: 199234 Discogs: 435862 Allmusic: mn0000022464 Editar o valor em Wikidata

María Teresa de Almeida Salgueiro OIH , nada en Amadora o 8 de xaneiro de 1969 é unha cantora portuguesa, máis coñecida como vocalista do grupo Madredeus, entre 1986 e 2007.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carreira musical[editar | editar a fonte]

A súa carreira comezou de forma inesperada, en 1986, cando dous dos fundadores do grupo (Rodrigo Leão e Gabriel Gomes) a descubriron mentres cantaba cun grupo de amigos nunha mesa ao lado da súa, nunha tasca do Bairro Alto, Lisboa. Despois da súa primeira audición con Pedro Ayres Magalhães, outro dos fundadores de Madredeus, Teresa Salgueiro converteuse na voz e, en palabras de Magalhães, "na maior inspiração da música do grupo".

Teresa Salgueiro é unha soprano cunha ampla gama vocal, cun talento innato para a música. A súa formación musical desenvolveuse nos primeiros anos de vida de Madredeus, cando asistiu durante dous anos a clases de canto, pero os compromisos internacionais do grupo acabaron por impedir que a cantante continuara cunha formación musical formal. O 9 de xuño de 1995 foi nomeada Oficial da Orde do Infante D. Henrique.[1]

No ano 2005 editouse unha recompilación de diversas participacións e colaboracións que realizou con outros artistas cando aínda formaba parte do grupo Madredeus. Obrigado presenta temas cuxa variedade de estilos e tempos de gravación amosan a versatilidade do cantante; entre outros, o disco recolle temas que Teresa Salgueiro gravou con António Chainho, co tenor catalán Josep Carreras, cos cantantes e compositores brasileiros Caetano Veloso e Zeca Baleiro (nun disco de cancións do compositor italiano Aldo Brizzi), co dúo portugués de Mário Laginha e Maria João, co compositor galego Carlos Núñez, co compositor italiano Angelo Branduardi e co acordeonista xaponés Coba (Y. Kobayashi), entre outros.

En 2007, Madredeus decidiu tomar un ano sabático e os seus membros dedicáronse a proxectos musicais paralelos. En febreiro dese ano, Teresa publicou o álbum Você e eu, que revisa un repertorio de grandes cancións da música popular brasileira: desde Pixinguinha até Dorival Caymmi, pasando por Antônio Carlos Jobim e Chico Buarque.

Nese mesmo ano, Teresa presentou o espectáculo La Serena con temas cantados en varios idiomas, acompañada polo Lusitânia Ensemble —un grupo de músicos, na súa maioría da Orquestra Sinfónica Portuguesa. O concerto xerou o álbum La Serena lanzado en outubro de 2007. No repertorio do disco, cancións famosas de distintos países bañados polo océano Atlántico e o mar Mediterráneo.

Tamén en 2007, Teresa Salgueiro foi convidada a participar no disco Silence, Night and Dreams, do compositor polaco Zbigniew Preisner. No álbum, lanzado polo selo erudito EMI Classics, conta cunha destacada participación onde interpreta pezas en inglés e latín. Preisner, coñecido polas súas colaboracións co cineasta polaco Kieslowski, afirmou que compuxo "Silence, Night & Dreams" pensando na voz "pura, limpa e sen vibratos" do cantante.

O 28 de novembro de 2007 foi anunciada a saída dos Madredeus de Teresa Salgueiro, Fernando Júdice e José Peixoto.

En agosto de 2008, volveu reunirse co Lusitânia Ensemble, coa idea de recoller un repertorio que retratase as diferentes épocas, tradicións, rexións e costumes portugueses. Así naceu o disco Matriz, cuxos concertos percorreron Europa e África.

Voltarei à minha Terra foi un percorrido pola memoria colectiva da música portuguesa do século XX. Cunha nova formación, Teresa Salgueiro encargouse de dirixir os arranxos musicais nos que buscaba deseñar unha linguaxe orixinal que traduza un universo poético, nacido de palabras e sentimentos portugueses.

Após 25 anos de dedicación ininterrompida á música, por primeira vez na súa carreira, dedicouse a escribir e compor todos os temas, nun obradoiro de Teresa cos músicos que escolleu.

Durante o mes de agosto de 2011, Teresa e o seu grupo de músicos retiráronse ao Convento da Arrábida, na contorna da Serra. Nun anexo do Convento montaron un estudio de gravación onde rexistraron os dezasete temas que forman o disco O Mistério. Convidou a António Pinheiro da Silva, con quen compartiu os primeiros dez anos de gravacións e concertos da súa vida con Madredeus, para que coproducir este disco.

Colabora de novo co compositor polaco Zbigniew Preisner, coñecido polas bandas sonoras das películas de Krzysztof Kieślowski, para a gravación do DVD Wielkie Monologi.

En 2016 publicou O Horizonte, o seu novo disco autoral, afirmación da súa faceta de compositora e letrista.

Relación coa Galiza[editar | editar a fonte]

No disco de Madredeus de 2005, Faluas do Tejo, unha das cancións titúlase "Na Estrada de Santiago", dedicada ao Caminho.[2] Alén de ter colaborado con Carlos Núñez, Teresa Salgueiro visitou a Galiza numerosas veces. No ano 2018 participou no programa Nexus na Cidade da Cultura do Gaiás como conferenciante, falando do nomeamento do Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO do fado, da nova canção portuguesa, e dos vínculos de músicos portugueses como Amália Rodrigues ou Zeca Afonso coa música galega.[3] En 2022 participou nos Concertos da Fin do Mundo en Corrubedo, Ribeira, enmarcados na programación cultural do Xacobeo 21-22.[4]

Discografía[editar | editar a fonte]

En solitario[editar | editar a fonte]

  • O Misterio (Clepsidra, 2012)
  • O Horizonte (Limón, 2016)

Álbums de colaboración[editar | editar a fonte]

  • Obrigado (EMI, 2005)
  • Você e Eu (EMI, 2007)
  • La Serena (con Lusitânia Ensemble; Dasein/Farol, 2007)
  • Matriz (con Lusitânia Ensemble; Farol, 2009)

Outras colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Sétima Legião: "Ascensão" (1989)
  • Banda Sonora de Non, ou a Vã Glória de Mandar (1990)
  • Orfeão Dr. Edmundo Machado de Oliveira: "Olhos Negros" (1990)
  • Rodrigo Leão: "Ave Mundi Luminar" / "Carpe Diem" (1993)
  • Cora: "Sol Nascente" (Harukanaru Taiyou) (1993)
  • Cora: "A promessa" (1995)
  • António Chaínho: "A sombra (fado nocturno)" / "Fado da boa sina" (1998)
  • Carlos Núñez: "María Soliña" (1999)
  • Angelo Branduardi: "Nelle palludi di Venezia..." (2000)
  • Onar: "I Balada Tou Nerou Tis Thalassas" (2000)
  • Rão Kyao: "Deus também gosta de fado" (2001)
  • Aldo Brizzi: "Mistério de Afrodite" (c/ Caetano Veloso) / "Ondas" (c/ Zeca Baleiro) (2003)
  • Sérgio Godinho: "Pode alguém ser quem não é" (2003)
  • Pirilampo Mágico: "Faz a mágia voar" (2003)
  • José Carreras: "Haja o que houver" (2004)
  • No Data: "Vivo deste quase nada" (2006)
  • Zbigniew Preisner: "Silence, Night and Dreams" (2007)
  • Mulher Passa a Palavra: "Woman" (2008)
  • Zbigniew Preisner: "To Die" (2007)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Maria Teresa de Almeida Salgueiro". Consultado o 2014-07-05. 
  2. "Faluas do Tejo by Madredeus". Genius (en inglés). Consultado o 2023-01-24. 
  3. "O Gaiás despide Nexos 2018 con Teresa Salgueiro, ex-vocalista de Madredeus". www.cidadedacultura.gal. 2018-06-11. Consultado o 2023-01-24. 
  4. "Faro de Corrubedo - Ribeira". Concertos na fin do mundo. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2023. Consultado o 2023-01-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.