Saltar ao contido

María Solinha (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para ver o artigo sobre a muller canguesa do século XVI, véxase María Soliño
María Solinha
 Instancia de
 Título
María Solinha (gl) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Compañía produtora
Datas
 Data de publicación
2020 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración123 min Editar o valor en Wikidata
Recadación9532.52 € Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt11728340 Filmaffinity: 683522 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

María Solinha é un filme galego de 2020 dirixido por Ignacio Vilar. Está ambientado en Cangas e noutros escenarios da ría de Vigo.

O filme baséase na historia de María Soliño, unha muller que foi queimada polo tribunal inquisitorial acusada de practicar bruxería. No século XXI, a protagonista sofre os ecos da agresión que sufriu María Soliño no século XVI.

A súa estrea orixinal estaba prevista en Cangas o 14 de maio de 2020,[1] mais por mor da pandemia por coronavirus, a estrea adiouse até o día 21 de xuño, nun autocine en Verín.[2][3] A recadación da estrea no autocine foi destinada polo concello de Verín ás familias máis afectadas pola crise sanitaria da COVID-19.[4]

A súa estrea nas salas de cinemas demorouse até novembro de 2021.[5]

Produción

[editar | editar a fonte]

Foi rodado en Cangas, Redondela, a illa de Toralla e na parroquia de San Martiño de Moaña.[1]

  1. 1 2 ""María Solinha" se estrenará el 14 de mayo en Cangas y el 15 en cines de toda España". Faro de Vigo. 22 de xaneiro de 2020. Consultado o 23 de xaneiro de 2020.
  2. ""María Solinha", de Ignacio Vilar, para estrear o autocine de Verín". Galicia Confidencial. 20 de maio de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2020.
  3. Diario, Nós. "'María Solinha' estréase en Verín en formato autocine, con grande afluencia de público". Nós Diario. Consultado o 2020-06-25.
  4. "Recadación solidaria para ver "María Solinha" en Verín". Galicia Confidencial. 10 de xuño de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2020.
  5. Galán Blanco, Eduardo (26 de novembro de 2021). "«María Solinha»: Atoparás dragóns". La Voz de Galicia. Consultado o 27 de novembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]