Manuela Santalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuela Santalla
Nome completoManuela Santalla López
Nacemento30 de novembro de 1958
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarquiveira
editar datos en Wikidata ]

Manuela Santalla López, nada en Ferrol o 30 de novembro de 1958, é unha historiadora galega, licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona e doutora pola Universidade de Santiago de Compostela. Bibliotecaria e arquiveira, actualmente exerce de profesora no ensino secundario de Galicia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1979 e 1983 dirixiu unha gardería infantil en Ferrol, e no mesmo período foi vogal do Ateneo Ferrolán. En 1983 iniciou os seus estudos na Facultade de Xeografía e Historia, sección de Historia Contemporánea da Universidade de Barcelona, onde obtivo o título de Licenciada en 1988.

En Galicia, participou nos cursos de doutoramento durante o bienio 1989-1991, no programa "Cambio Social en Galicia", no Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, da Universidade de Santiago de Compostela e no curso de posgrao "Muller, Historia e Sociedade", en colaboración co IDEGA, no curso 1988-1989. Obtivo o grao de licenciada na Universidade de Barcelona, en marzo de 1994 coa tese de licenciatura Concepción Arenal y la cuestión social de la mujer. Aproximación al feminismo católico español. En marzo de 1995 doutorouse en Xeografía e Historia pola USC coa tese La familia obrera, Ferrol 1750-1936. En 1998 obtivo o mestrado en Información e Documentación pola Universidade Carlos III de Madrid.

Traballou como bibliotecaria no Servizo Municipal de Bibliotecas da Coruña e no Servizo de Bibliotecas da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e na Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña. Foi tamén documentalista-arquiveira no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares e arquiveira no Arquivo da Zona Marítima do Cantábrico, do Ministerio de Defensa. Dende o ano de 2002 é profesora de Ciencias Sociais no ensino secundario galego.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros publicados[editar | editar a fonte]

  • O médico Cebreiro, don Paco da Mercé, 2018, Manuela Santalla López, ISBN 978-84-09-02875-7
  • Vida cotidiana y trabajo en el Ferrol de la Ilustración, 2017, Manuela Santalla López, ISBN 978-84-697-4224-2
  • Manuel de la Cruz, alias "Sopiñas". ¿Capitán de bandoleros o comerciante ferrolano?, 2017, Edicións Embora, ISBN 978-84-16456-49-9
  • Patrimonio Industrial de Galicia: Arsenal y astilleros de Ferrol (próxima publicación)
  • Muíños, fornos e pan de Neda, 2011, Edicións Embora, ISBN 978-84-92644-36-0.
  • Ferrol. Historia Social (1726-1858), 2006, Edicións A Nosa Terra, ISBN 84-8341-057-5.
  • Las Reales Fábricas de Ferrol. Gremios y barcos en el siglo XVIII, 2003, Edicións Embora, ISBN 84-95460-32-7
  • Ferrol: los sucesos de marzo de 1972, 1996, Edicións Luís Tilve, ISBN 84-921045-1-1.
  • La familia obrera, Ferrol 1750-1936, 1995, Universidade de Santiago de Compostela, ISBN 84-8121-337-3
  • Historia da UGT de Ferrol e Comarca (1890-1972), 1996, Edicións Luís Tilve, ISBN 84-921045-3-8.
  • Concepción Arenal y el feminismo católico español, 1995, Ediciós do Castro, ISBN 84-7492-981-4.
  • A maestranza do real arsenal de Ferrol no século XVIII, 1995, Concello de Ferrol, ISBN 84-920833-2-6
  • Concepción Arenal (1820-1893), 2001, Concello de Ferrol, DL C-1644/01.

Publicacións compartidas con outros autores[editar | editar a fonte]

  • Los gremios en la Ruta de la Construcción Naval (Ferrol), en El Patrimonio Industrial en el Contexto de la Sostenibilidad, 2017, Editorial CICEES, ISBN 978-84-945966-5-0
  • Hildegart, ¿una mujer-proyecto ferrolana? Congreso Centenario Hildegart Rodríguez Carballeira, Ferrol, Decembro 2014, DL: C-155-2017
  • Los gremios en la Ruta de la Construcción Naval (Ferrol). V Congreso de Turismo Industrial - Identity, industry and culture, Junio 2014.
  • Proyecto de Ecomuseo del río Belelle. V Congreso de Turismo Industrial - Identity, industry and culture, Junio 2014.
  • Gremio y barcos en las Reales Fábricas de Ferrol: astilleros, arsenales , reales fábricas, en Actas V Congreso Patrimonio industrial y paisaje, 2009, TICCIH España, ISBN 978-84-936996-9-7.
  • Los gremios del mar en el Ferrol del Setecientos, en El mar en los siglos modernos, 2009, Xunta de Galicia, ISBN 978-84-613-0646-6.
  • A construcción naval na ría de Ferrol, en Cadernos Ateneo Ferrolán, 2009, ISBN 84-933518-1-4.
  • Todo para o pobo, pero sin o pobo. Qué pobo? , en Ferrol año cero. Una ciudad de la Ilustración, 2007, ISBN 978-84-95460-72-1.
  • ASTANO, a forxa dun soño, en Documental sobre a historia do gran proxecto industrial galego, 2008, Zenit Televisión, S.A.
  • Configuración social de Ferrol no século XVIII, en El legado cultural de la iglesia mindoniense, 1996, ISBN 84-95322-46-3.
  • Ferrol: Cidade da Ilustración, en Cadernos do Ateneo Ferrolán, 2005, ISBN 84-933518-0-6.
  • La maestranza de los reales arsenales de marina de Ferrol en el siglo XVIII”, en Cátedra Jorge Juan. Curso 2003-2004, ISBN 978-849749-203-4.
  • Fuentes hemerográficas y la historia local: el diario el Correo Gallego, 1878-1936, en III Xornadas de ANABAD Galicia, Xunta de Galicia, 1999, ISBN 84-453-2553-1.
  • El juzgado de Ferrol, siglos XVI-XIX en el Arquivo do Reino de Galicia, en III Xornadas de ANABAD Galicia, Xunta de Galicia, 1999, ISBN 84-453-2553-1.
  • Estudio de las publicaciones periódicas gallegas en Ciencias Sociais y Humanas, editadas por las universidades gallegas durantes los años de 1995. 1996 y 1997, en III Xornadas de ANABAD Galicia, Xunta de Galicia, 1999, ISBN 84-453-2553-1.
  • El que materialmente trabaja debe comer materialmente, en El trabajo a través de la historia, ISBN 84-600-9366-2.
  • Apuntes para unha hitoria social de Ferrol, en Historia Nova I, 1993, ISBN 84-86728-91-6.
  • O traballo das mulleres: a proposta de Concepción Arenal, en Historia Nova II, ISBN 84-604-9501-9.
  • ¿Quién es masón? Quien me precede en el escalafón. Fontes documentais sobre a masonería no Archivo General de la Guerra Civil española en Salamanca, en A represión franquista en Galicia, 2003, DL:C-998/2004
  • Quien materialmente trabaja, debe comer materialmente. Orixe e represión sobre o movemento obreiro ferrolán, en A 2ª República e a guerra civil, 2005, DL: C-2868-2006
  • La maestranza de los Reales Arsenales de Marina: Ferrol en el siglo XVIII, en I Simposio de historia de las técnicas. La construcción naval y la navegación, ISBN 84-89627-32-0.
  • El sindicalismo ugetista en Ferrol (1890-1936) , en Mercado y organización del trabajo en España (siglos XIX y XX) , ISBN 84-95217-01-5.
  • La mujer y el buey. Apuntes históricos sobre el trabajo de la mujer en dos momentos de aceleración del cambio social, en El trabajo de las mujeres. El pasado y el presente, ISBN 84-7785-179-4.
  • Xoán X. Braxe, Homenaxe, 1999, ISBN 84-95335-35-2.

Artigos en diversas revistas[editar | editar a fonte]

  • Aurora Rodríguez Carballeira, nai da nena-prodixio Hildegart, en Columba, revista cultural nº. 15, 2015, D.L.: C-2408-2005.
  • "Deseos satisfechos, esperanzas realizadas". A chegada do tren a Ferrol, en Columba, revista cultural nº. 14, 2014, D.L.: C-2408-2005.
  • Muíños de río en Ortigueira,en Columba, revista cultural, nº 12, 2012, D.L.: C-2408-2005.
  • Gavillas e bandoleiros en Ferrol e Comarca, en Columba, revista cultural, 2011, D.L.: C-2408-2005.
  • A comarca ferrolá hai 150 anos, en Columba, revista cultural, 2009, D.L.: C-2408-2005.
  • O centro agricultor de San Martín de Covas, 1913-1936, en Columba, revista cultural, D.L.: C-2408-2005.
  • O centro campesiño de cultura, 1913-1926, en Columba, revista cultural, 2004, D.L.: C-2408-2005.
  • Os individuos do gremio de mar da vila de Pontedeume, contra o concello da vila no ano de 1803, en Cátedra. Revista eumesa de estudios, nº 10, 2003, ISSN 1133-9608.
  • O concello de Neda, en Revista de Neda, nº 5, 2002, ISSN 1139-1154.
  • O catastro de Ensenada e as poboacións da ría de Ferrol I, en Revista de Neda, nº 4, 2001, ISSN 1139-1154.
  • O catastro de Ensenada e as poboacións da ría de Ferrol II, en Revista de Neda, nº 5, 2002, ISSN 1139-1154.
  • Aproximación a la villa de Ferrol y la provincia de Betanzos en el siglo XVIII, en Anuario Brigantino, nª 14, Betanzos, 1991.
  • Unha pensadora católica esquencida: Concepción Arenal, en Encrucillada, nº 84, Pontevedra, 1993, ISSN 1131-6519.
  • La condición femenina en Concepción Arenal, en Arenal. Revista de Historia de las Mujeres. Revisión técnica y metodológica, vol.. I. Ed.. Serivicio de Publicaciónes. Universidad de Granada, 1994, ISSN 1134-6396.
  • Notas sobre a construcción naval en Ferrol, 1962-1975, en Ferrol Análisis nº 12, 1998, D.L.: C-1106-1990.
  • Mujer y esfera pública en Concepción Arenal, en Ferrol Análisis, nº 7, 1995, D.L.: C-1106-1990.
  • Airiños d´a Miña Terra, en Ferrol Análisis, nª 8, 1995, D.L.: C-1106-1990.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]