Xosé Luís de Dios
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de febreiro de 1943 Ourense |
| Morte | 2 de agosto de 2010 Tui |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor |
| Membro de | |
| Familia | |
| Irmáns | Manuel de Dios |
| Descrito pola fonte | Diciopedia do século 21, (vol:1, p.707) |
Xosé Luís de Dios Martínez, nado en Ourense o 3 de febreiro de 1943 e finado o 2 de agosto de 2010 en Tui[1], foi un pintor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou da creación do grupo artístico Volter, ao redor do café homónimo en Ourense, e do que tamén formaron parte Xaime Quessada e Acisclo Manzano. Realizou a súa primeira exposición en 1963. Comezou co debuxo, para pasar posteriormente ao cartelismo e a publicidade. Realizou exposicións por toda Galicia, Madrid (cidade onde viviu moitos anos), Barcelona, Buenos Aires, Cidade de México ou Río de Xaneiro. As obras caracterízanse polas cores vivas e un elevado grao de abstracción. A súa última exposición tivo lugar en 2008. Os últimos anos da súa vida pasounos en Tui.
Persoal
[editar | editar a fonte]Era irmán do compositor Manuel de Dios. Faleceu dun aneurisma.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 A arte galega fica sen a ollada emocional e poética do pintor Xosé Luís de Dios Arquivado 03 de agosto de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 3/8/10