Manuel González-Añón Carou
Carou | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel González-Añón Carou | ||
Nacemento | 7 de novembro de 1968 (56 anos) | ||
Lugar de nacemento | Outes | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1987–1988 | SD Orillamar | ||
1988–1989 | Sporting Sada | ||
1989–1990 | Bergantiños FC | ||
1990–1992 | Endesa As Pontes | ||
1992–1994 | Rayo Vallecano | ||
1994–1995 | Real Valladolid | 1 | |
1995–1996 | RCD Carabanchel | 32 | |
1996–1997 |
Metrostars de Nova York e Long Island Rough Riders | 28 | |
1997–1999 | Long Island Rough Riders | 56 | |
1999–2003 | GD Chaves | 91 | |
2003-2006 | Atlético Arteixo | 23 | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel González-Añón Carou, nado en Outes o 7 de novembro de 1968, é un exfutbolista galego, que xogaba na posición de porteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira deportiva no Orillamar da Coruña. Despois pasou a xogar na terceira división co Sporting Sada e o Bergantiños FC, e en segunda B co CD As Pontes.
Debutou en primeira división tras fichar polo Rayo Vallecano, que adestraba David Vidal, malia que foi suplente do nixeriano Wilfred Agbonavbare. Xogou só seis partidos, destacando a súa actuación nun deles contra o FC Barcelona no Camp Nou, malia perder 1-0. A tempada seguinte fichou polo Real Valladolid, no que xogou un só partido ao ser titular César Sánchez. Ante a falta de oportunidades en primeira división, foi cedido ao Carabanchel.
Posteriormente probou sorte na Major League Soccer dos Estados Unidos, fichando primeiro polo MetroStars de Nova York e despois polo Long Island Rough Riders, cos que aínda xogou dous anos máis na A-League. Logo de tres anos nos Estados Unidos xogou catro tempadas na Segunda Liga de Portugal logo de fichar polo GD Chaves. Antes de retirarse xogou tres tempadas no Atlético Arteixo, co que acadou o ascenso a 2ªB logo de eliminar o Real Oviedo. Despois de xogar en 2ªB, estiveron unha tempada en Rexional preferente por mor dun descenso adinistrativo.
Comezou a súa carreira como adestrador cos xuvenís do Sporting Coruñés de Monte Alto, e despois pasou a adestrar os porteiros do Montañeros Club de Fútbol na súa etapa en 2ªB (2009-2012).
Traballa como xestor automatista en Zara Loxística, e xoga no equipo de veteranos do Deportivo da Coruña.