Manuel Cordeiro Lestón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lestón
Información persoal
Nome completo Manuel Cordeiro Lestón
Nacemento 29 de febreiro de 1928
Lugar Vigo, Galicia
Falecemento 10 de maio de 2012 (84 anos)
Lugar A Coruña, Galicia
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1946–1957 Deportivo da Coruña 37 (0)
1948–1949 Ourense (cedido)
Espinho
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Manuel Cordeiro Lestón, nado en Vigo o 29 de febreiro de 1928 e finado na Coruña o 10 de maio de 2012, foi un futbolista galego. Xogaba de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na tempada 1946–47 chegou ao Deportivo da Coruña como suplente de Juan Acuña, onde só xogou 3 partidos debutando o 24 de novembro de 1946 fronte ao CE Sabadell nunha derrota a domicilio (3–0). Dous anos despois foi cedido o CD Ourense.

A súa tempada máis regular foi a 1954–55, aínda que sendo porteiro reserva, á sombra de Juan Otero. Nesta campaña xogou 10 partidos, e unha das súas actuacións máis brillantes produciuse o 27 de marzo de 1955 en Riazor contra o Real Madrid CF, cando lle detivo un penalti a Alfredo Di Stéfano, rematando o partido con empate (3–3).[1]

Faleceu na Coruña o 10 de maio de 2012, aos 84 anos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]