Manuel Américo Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Arias
Información persoal
Nome Manuel Américo Arias Golfarini
Nacemento 1934
Lugar de nacemento Montevideo
Falecemento 14 de xaneiro de 2010
Lugar de falecemento Noia
Posición Porteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
Quilmes
1965 Deportivo Galicia
Adestrador
América de Quito
UD Canarias
Tiquire Aragua
Anzoátegui
–1975 Deportivo Ciudad
1975–1976 Ourense
1976–1977 Atlético Ourense
1977–1978 Noia SD
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Manuel Américo Arias Golfarini, nado en Montevideo en 1934 e finado en Noia o 14 de xaneiro de 2010, foi un futbolista e adestrador uruguaio, de ascendencia galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou no Club Atlético Quilmes do seu país natal, e logo pasou por equipos do Brasil, Perú, Bolivia e Colombia.[1] Nos anos 60 chegou a Venezuela, onde militou no Deportivo Galicia, chegando a enfrontarse a Pelé nun partido contra o Santos en 1965.[2]

Trala súa retirada foi adestrador en Ecuador, onde dirixiu o América de Quito, e en Venezuela, onde adestrou a Unión Deportiva Canarias, o Tirique Aragua e o Anzoátegui.[3] A finais de 1973 instalouse en Galicia, de onde era seu avó e a súa muller.[4][5] Aínda que inicialmente rexentou unha parrillada en Vilaboa,[1] deixouna para dedicarse ao fútbol.[5]

Adestrou ao Deportivo Ciudad da Coruña, e en maio de 1975 colleu as rendas do Ourense, na Segunda División, aínda que non tiña experiencia como adestrador no fútbol profesional. Estreouse na penúltima xornada de liga, trala destitución de José Bermúdez, que á súa vez substituíra a Manolín, e non puido salvar o equipo do descenso. Dirixiu o equipo tamén nunha eliminatoria da Copa do Xeneralísimo contra o Real Madrid. O equipo ourensán conseguiu un empate na ida no Estadio do Couto, pero perdeu 3-1 no Bernabéu. Continuou no equipo ourensán na tempada 1976/77 en Terceira, pero foi cesado en decembro, sendo substituído por José María Negrillo.[6] Na tempada 1976/77 adestrou o Atlético Ourense, filial do Ourense.

Comezou a tempada 1977/78 adestrando o Noia SD en Terceira, pero dimitiu en xaneiro de 1978.[7] Instalouse para sempre na vila coruñesa, sendo conserxe durante 20 anos do colexio Jaime Balmes, onde tamén adestrou os equipos de fútbol.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "¡América, Américo, América!". La Voz de Galicia (en castelán) (Barbanza ed.). 31 de xaneiro de 2010. p. L14. 
  2. "Santos and Independiente Trip to Venezuela 1965". RSSSF (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  3. "Bermudez, ceso en el Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de maio de 1975. p. 54. 
  4. 4,0 4,1 "Fallece en Noia Manuel Arias, meta y ex técnico del Ourense". El Correo Gallego (en castelán). 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 5 de novembro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 ""No vengo como salvador"". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de maio de 1975. p. 44. 
  6. "Negrillo, nuevo entrenador del C. D. Orense". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de decembro de 1976. p. 23. 
  7. "El Noya, sin entrenador, dimitió Américo Arias". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 1978. p. 33. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]