Manfred Max Neef

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manfred Max Neef
Manfred Max Neef (362355950).jpg
Nome completoAlfred Manfred Max-Neef
Nacemento26 de outubro de 1932
 Valparaíso
Falecemento8 de agosto de 2019
 Valdivia
Causacancro
NacionalidadeChile
Alma máterUniversidade de Chile e sen etiquetar
Ocupacióneconomista, ecoloxista, político e profesor universitario
PremiosPremios Nobel Alternativos
editar datos en Wikidata ]

Manfred Max Neef, nado como Artur Manfred Max Neef en Valparaíso o 26 de outubro de 1932 e finado en Valdivia o 8 de agosto de 2019, foi un intelectual, economista, ambientalista e político chileno, autor de varios libros, gañador do Right Livelihood Award en 1983 e candidato independente (Movemento ecoloxista) á presidencia de Chile en 1993.[1][2][3]

Primeiros anos de vida[editar | editar a fonte]

Fillo de Magdalena Sophie Neef, con estudos humanistas e musicais e Alfred Wilhelm Hermann Max, economista de orixe alemá, ambos alemáns que chegaron a Chile logo da Primeira guerra mundial.[4] Max Neef estudou no Liceo de Aplicación e posteriormente economía na Universidade de Chile.[2]

A mediados da década de 1950, traballou na compañía Shell, onde alcanzou un cargo directivo. En 1957 decide abandonar para sempre o traballo en empresas privadas, para comezar a traballar de maneira independente.[2]

En 1961 toma un posto académico na Universidade de California en Berkeley, acompañando aos seus alumnos nas protestas en contra da guerra de Vietnam.[5] Durante os anos seguintes, traballa esporadicamente en proxectos para a ONU (especialmente a FAO) e a OEA.

O exilio[editar | editar a fonte]

Durante a década de 1970 o economista comeza a traballar en Ecuador, con pequenos campesiños indíxenas da rexión chuviosa occidental, e tamén no Brasil, tentando revitalizar unha pequena cidade no estado federal de Minas Xerais. As ideas desenvolvidas nestes traballos acaban por materializarse nos seus textos Experiences in Barefoot Economics, subtítulo que levaría máis tarde, en 1992, o seu libro From the Outside Looking In, editado pola Fundación Dag Hammarskjöld de Suecia.[2]

En 1973 acepta un posto académico na Universidade de Chile, pero o mesmo ano prodúcese o golpe de estado que dá inicio á ditadura militar liderada por Augusto Pinochet, e debido ao seu traballo realizado en Ecuador, mal visto pola ditadura, decide exiliarse en Arxentina, onde comeza a traballar para a Fundación Bariloche, fortemente marcada polas ideas de Carlos Mallmann, e que mesturaba os estudos en ciencias naturais, matemáticas e música, ademais de ser os responsables do estudo Límites de la pobreza, no cal se presenta o «Modelo de Bariloche», unha alternativa optimista ao exposto no recoñecido informe Os límites do crecemento de Donella Meadows, publicado en 1972 polo Club de Roma.[2][6]

Vida política e administrativa[editar | editar a fonte]

En 1985 foi un dos integrantes do grupo político Intransigencia Democrática, e en 1988 foi un dos fundadores do movemento político Independentes por el Consenso Democrático.[7] Max Neef foi membro do Consello Asesor dos Gobernos de Canadá e Suecia para o Desenvolvemento Sustentable, e en 1993 postúlase como candidato independente á presidencia de Chile, sendo presentado polo Movemento Ecoloxista, eleccións gañadas por Eduardo Frei Ruiz-Tagle en primeira maioría e obtendo un cuarto lugar, co 5.55 % dos votos.[8]

Entre 1991 e 1994 foi reitor da Universidade Bolivariana, e entre 1994 e 2002 foi reitor da Universidade Austral de Chile.[9][8] Posteriormente traballou como Profesor Titular da Facultade de Ciencias Económicas e Administrativas, ocupando ademais o cargo de director do Instituto de Economía de dita universidade.

Obra e pensamento[editar | editar a fonte]

Max-Neef dando unha charla en 2007.

Foi considerado polas súas ideas, enfoques económicos e ambientalistas como un adiantado para a súa época. As súas obras máis destacadas son dúas teses que denominou A economía descalza e Desenvolvemento a escala humana, as que definen unha matriz que abarca nove necesidades humanas básicas: «subsistencia», «protección», «afecto», «comprensión» ou «entendemento», «participación», «creación», «recreo» ou «lecer», «identidade» e «liberdade»; ademais propuña unha décima necesidade, pero que prefería manter separada das anteriores: a «transcendencia».[8] Todas elas fan fincapé na importancia dos esforzos humanos pequenos e apaixonados. Max-Neef ademais postulaba que non existe correlación algunha entre o grao de desenvolvemento económico (industrial) e a felicidade relativa das persoas implicadas; ao contrario, o desenvolvemento económico parece aumentar a soidade e a alienación nas sociedades desenvolvidas.[2]

Na década de 1990 formulou a Hipótese do Limiar, a idea de que a partir de determinado punto do desenvolvemento económico, a calidade de vida comeza a diminuír.[8] Por tanto, «todo crecemento cuantitativo debería derivar nun desenvolvemento cualitativo». Para Max-Neef, o «desenvolvemento» debe definirse como a «liberación de posibilidades creativas» de todos os integrantes dunha sociedade, concepto independente do de crecemento económico, sen ser unha condición para este último.[2]

O economista tamén creou o indicador ECOSON (siglas para «ecological person»; «persoa ecolóxica» en castelán), que mide a cota de consumo de enerxía dun cidadán que satisfai de maneira sensata as súas necesidades básicas sen marxinar a ninguén. Trátase, por tanto, dun indicador referido á dispoñibilidade de enerxía e ao mesmo tempo á súa xusta distribución. Max-Neef concluía que os ecosons son moito maiores no hemisferio norte que no hemisferio sur; e que por tanto, para buscar un desenvolvemento sustentable, máis que buscar reducir a sobrepoboación no sur, o crítico é buscar diminuír os ecosons no norte.[2] Este indicador foi calculado polo Max Planck Institute, en Alemaña.[10]

En canto a que facer hoxe para reverter o crecemento non sustentable da humanidade, Max-Neef adoita exemplificar a situación coa súa parábola do rinoceronte, que representa o monstro da modernización: parece imposible espantalo cun pau, pero moitísimos mosquitos, reunidos espontaneamente e sen unha xerarquía, poden facerlle a vida imposible ata que decida marcharse.[2]

Para Max Neef o rescate financeiro en todo o mundo, iniciado despois da caída de Lehman Brothers nos Estados Unidos (crise financeira de 2008, crise das hipotecas subprime, Lei de Estabilización Económica de Urxencia de 2008, crise do Euro) é a maior inmoralidade da historia da humanidade.[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1983 foi galardoado co premio Right Livelihood Award, considerado o Premio Nobel alternativo de economía.[8] Co diñeiro deste premio fundou en Santiago o xa desaparecido Centro de Estudio y Promoción de Asuntos Urbanos (CEPAUR), a través do cal puxo en práctica a súa teoría do «desenvolvemento a escala humana». Posteriormente fíxose membro do Club de Roma, da Academia Leopold Kohr en Salzburgo, Austria, e da E.F. Schumacher Society, en Inglaterra, chamada así en honra ao famoso intelectual e economista Ernst Friedrich Schumacher.[2]

Controversias[editar | editar a fonte]

En marzo de 2015, a Comisión Nacional de Acreditación sancionou á axencia acreditadora de Max Neef e outras exautoridades universitarias, incluíndo ao exrector da Universidade de Chile Luís Riveros, mediante unha multa de ao redor de 8600 dólares debido ao conflito de interese que afectou a acreditación da carreira de Enxeñaría Comercial cuxo Instituto de Economía Max Neef encabezaba como Director.[12][13] Max Neef presentou unha querela contra o académico da Universidade Austral de Chile que denunciou o conflito de interese, querela que foi finalmente rexeitada e que levou a que o tribunal sancionase a Max Neef co pago dos gastos xudiciais incorridos polo académico querelado.[14] Debido á súa negativa a pagar o ordenado polo Tribunal, o avogado do académico querelado solicitou á autoridade xudicial que se decrete embargo contra os bens do economista.[15]

Morte[editar | editar a fonte]

Evitáronse entregar detalles do seu deceso.[16] O seu rexistro de defunción sinala como a súa causa de morte "síndrome consuntivo, cancro metastático de orixe non coñecida".[17] Realizóuselle o seu velorio no vestíbulo da aula Magna da Uach, lugar onde se lle rendería unha homenaxe. Realizouse a cerimonia de recoñecemento ao labor de Max-Neef efectuándose durante a xornada do sábado 10 de agosto, para que logo a familia levara o seu corpo a Temuco.[18][19] A Intendencia dos Ríos decretou duelo rexional un día pola morte de Manfred Max Neef.

Obra[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

  • 1982: La economía descalza: Señales desde el mundo invisible
  • 1986: Desarrollo a escala humana: Conceptos, aplicaciones y reflexiones, Icaria Editorial, ISBN 978-84-7426-217-9, Barcelona, España. Na Arxentina editado por Biblioteca Permacultura, 2013.
  • 2007: La dimensión perdida: la inmensidad de la medida humana
  • 2014: La economía desenmascarada: del poder y la codicia a la compasión y el bien común (con Philip B. Smith), Icaria Editorial, ISBN 978-84-9888-557-6, Barcelona, España. Na Arxentina publicado por Biblioteca Permacultura, 2014.

Ensaios[editar | editar a fonte]

Manfred Max Neef en 2016.
  • 2006: El poder de la globalización (Revista Futuros, No. 14, 2006 Vol. IV)
  • 2004: Fundamentos de la transdisciplinaridad
  • 1995: Economic Growth and Quality of Life: A Threshold Hypothesis
  • 1992: Real Life Economics: Understanding Wealth Creation
  • 1992: From the Outside Looking In: Experiences in Barefoot Economics
  • 1990: Entwicklung nach menschlichem Mass
  • 1989: Sociedad civil y cultura democrática: Mensajes y paradojas
  • 1988: Repensando la ciudad de América Latina
  • 1984: From the Outside Looking In
  • 1984: Fran Andra Sidan
  • 1978: Trabajo, tamaño urbano y calidad de vida
  • 1972: En el mundo aparte
  • 1968: Los recursos para el desarrollo
  • 1965: Motivación empresarial y concentración del poder económico
  • 1965: En torno a una sociología del desarrollo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jesús Astigarraga y Javier Usoz (11 de decembro de 2008). "Charla-coloquio con el profesor M. A. Max-Neef" (PDF). Universidad de Zaragoza. Consultado o 10 de maio de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 2,9 Drekonja-Kornat, Gerhard (2002). "Manfred A. Max-Neef (*1932): El desarrollo a la medida humana". D+C Desarrollo y Cooperación. pp. 25–29. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2013. Consultado o 14 de xuño de 2018.  Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; o nome "d+c" está definido varias veces con contidos diferentes
  3. Por Felipe Vargas Morales (8 de agosto de 2019). "Falleció Manfred Max Neef, el primer candidato presidencial ecologista en la historia de Chile". Emol. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  4. "Artur Manfred Max Neef" (PDF). 
  5. Revista Ecología Política. "Manfred Max-Neef - El desarrollo a escala humana". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2014. Consultado o 9 de abril de 2012. 
  6. Revista Futuros. "Autores: Mandred Max Neef". Consultado o 9 de abril de 2012. [Ligazón morta]
  7. "Por la Dignidad, la Democracia, por la Paz y el Futuro de Chile y los Chilenos.". Archivo Alejandro Hales. 1988. Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2017. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 eumed.net Enciclopedia virtual. "Manfred Max-Neef (1932-)". Consultado o 13 de maio de 2011. 
  9. "Manfred Max-Neef". HSD Network Project - Autores. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 29 de marzo de 2015. 
  10. El Mercurio de Antofagasta (10 de marzo de 2009). "Sustentabilidad energética". Consultado o 10 de abril de 2012. 
  11. "Max-Neef: “El rescate financiero es la mayor inmoralidad de la historia de la humanidad”". lamarea.com. Consultado o 6 de xullo de 2014. 
  12. "CNA sanciona a agencia que acreditó carrera en UACH cuando accionista era el director". Radio Biobío. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  13. "Así opera el escandaloso sistema de acreditación de las universidades". CIPER Chile. Consultado o 27 de marzo de 2015. 
  14. "Manfred Max Neff deberá pagar costas judiciales tras desistir de querella contra académico de UACH". Radio Biobío. Consultado o 14 de abril de 2015. 
  15. "Solicitan embargo de bienes de Manfred Max Neef por no pago de costas tras perder juicio". Radio Biobío. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  16. www.cooperativa.cl Intendencia de Los Ríos decretó duelo regional este viernes por muerte de Manfred Max Neef 9 de agosto de 2019 ás 00:22hrs.
  17. Rexistro Civil, Valdivia, defuncións, ano 2019, n.° 766.
  18. /www.rioenlinea.cl Restos de Manfred Max-Neef son velados en el Aula Magna de la UACh, 9 de agosto de 2019, ás 13:12.
  19. www.australvaldivia.cl, Pesar por la muerte del ex rector de la Uach Manfred Max Neef venres 9 de agosto de 2019.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligzóns externas[editar | editar a fonte]