Os límites do crecemento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Entrega do Premio da Paz do Comercio Libreiro Alemán, en 1973, ao Club de Roma en Fráncfort del Meno. Da esquerda á dereita: Dr. Ernst Klett, o Dr. Aurelio Peccei e o Prof. Dr. Eduard Pestel

Os límites do crecemento (en inglés The Limits to Growth) é un informe encargado ao MIT polo Club de Roma que foi publicado en 1972, pouco antes da primeira crise do petróleo. A autora principal do informe, no cal colaboraron 17 profesionais, foi Donella Meadows, biofísica e científica ambiental, especializada en dinámica de sistemas.

Os límites do crecemento (1972)[editar | editar a fonte]

Equipo de traballo - 1972
Dr. Donella H. Meadows (USA)
Prof. Dennis Meadows (USA)
Dr. Jørgen Randers (Noruega)
Farhad Hakimzadeh (Irán)
Judith A. Machen (USA)
Dr. Alison A. Anderson (USA)
Nirmala S. Murthy (India)
Ilyas Bayar (Turquía)
Dr. John A. Seeger (USA)
Dr. Erich Zahn (Alemaña)
Dr. Jay M. Anderson (USA)
Dr. William W. Behrens III (USA)
Dr. Steffen Harbordt (Alemaña)
Dr. Peter Milling (Alemaña)
Dr. Roger F. Naill (USA)
Stephen Schantzis (USA)
Marilyn Williams (USA)

A conclusión do informe de 1972 foi a seguinte: se o actual incremento da poboación mundial, a industrialización, a contaminación, a produción de alimentos e a explotación dos recursos naturais se mantén sen variación, alcanzará os límites absolutos de crecemento na Terra durante os próximos cen anos.

O informe baséase na simulación informática do programa World3, creado polos autores do informe co obxectivo de recrear o crecemento da poboación, o crecemento económico e o incremento da pegada ecolóxica da poboación sobre a terra nos próximos 100 anos, segundo os datos dispoñíbeis até a data. A tese principal do libro é que «nun planeta limitado, as dinámicas de crecemento exponencial (poboación e produto per cápita) non son sostíbeis». Así, o planeta pon límites ao crecemento, como os recursos naturais non renovábeis, a terra cultivábel finita, e a capacidade do ecosistema para absorber a polución causada polos seres humanos, entre outros.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Bibliografía adicional[editar | editar a fonte]

  • Homer-Dixon, Thomas. (2006). The Upside of Down: Catastrophe, Creativity, and the Renewal of Civilization. Washington DC: Island Press.
  • Homer-Dixon, Thomas (2007), "The Upside of Down: Catastrophy, Creativity and the Renewal of Civilisation" (Knopf, Canada)
  • Greer, John Michael. (2005). How Civilizations Fall: A Theory of Catabolic Collapse. [1]
  • Diamond, Jared (2005), Colapso: por qué unas sociedades perduran y otras desaparecen, Madrid, 2005.
  • Miguel, Amando de, Las profecías no se cumplieron, Ediciones Nobel,ISBN 978-84-8459-045-3, 2001
  • Tainter, Joseph A. (1990). The Collapse of Complex Societies (1st paperback ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-38673-X.
  • Toynbee, Arnold J. (1934-1961). Estudio de la Historia, 12 volúmenes.
  • Weiss, V. (2007). The population cycle drives human history - from a eugenic phase into a dysgenic phase and eventual collapse. The Journal of Social, Political and Economic Studies 32: 327-358. [2]
  • Wright, Ronald. (2004). A Short History of Progress. New York: Carroll & Graf Publishers. ISBN 0-7867-1547-2.

Notas[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Os límites do crecemento