Saltar ao contido

Malus (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maceiras (xénero Malus)

Póla de maceira brava (Malus sylvestris)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: Malus
Mill.
Especies

Véxase: Lista de especies de Malus

Malus é un xénero de árbores e arbustos da familia Rosaceae, que inclúe varias especies cultivadas polos seus froitos, como as maceiras en diferentes variedades, recibindo tamén os nomes de maciras, maciñeiras ou mazairas.[1] A maceira común (Malus domestica) é unha das froiteiras máis importantes de Galiza dende a antigüidade, tanto para a obtención de froita fresca, como para a elaboración da sidra. Tamén atopamos no país a maceira brava (Malus sylvestris).

Características

[editar | editar a fonte]

Árbores e arbustos caducifolios, normalmente con follas simples, ocasionalmente lobuladas, aserradas. Flores normalmente en acios umbeliformes, de cor branca ou con varios tons de rosa ou púrpura. Posúen 5 sépalos, 5 pétalos arredondados e 15-50 estames, normalmente de anteras amarelas. O froito é un pomo e adoita estar coroado co cáliz persistente, e a súa forma depende da variedade, mais polo xeral é arredondado ou oval. Comprende unhas 35 especies nativas de zonas temperadas de Europa, Asia e América do Norte. Algunhas especies son importantísimas árbores froiteiras, as maceiras. Hai máis de 7.500 especies de mazás. As diferentes especies atópanse en climas temperados e subtropicais xa que as maceiras non florean nas zonas tropicais, pois necesitan dalgunhas xeadas invernais.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Malus foi descrito por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary...Abridged...fourth edition vol. 2, no ano 1754.[2] A especie tipo é a maceira brava: Malus sylvestris Mill.

Etimoloxía

Malus: nome xenérico dunha verba clásica antiga dada á mazá.[3]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 27 de febreiro de 2013. 
  2. Malus (xénero) en Trópicos
  3. En Nombres Botánicos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Botanica Encyclopédie de Botanique et d'horticulture, éd Konemann, ISBN 3-8290-1952-1.
  • Potter, D.; Eriksson, T.; Evans, R.C.; Oh, S.H.; Smedmark, J.E.E.; Morgan, D.R.; Kerr, M.; Robertson, K.R.; Arsenault, M.P.; Dickinson, T.A.; Campbell, C.S. (2007). Phylogeny and classification of Rosaceae. Plant Systematics and Evolution. 266(1–2): 5–43.
  • Sunset Western Garden Book, 1995:606–607.
  • Phipps, J.B. et aL. (1990). "A checklist of the subfamily Maloideae (Rosaceae)". Can. J. Bot. 68: 2209. doi:10.1139/b90-288.
  • Rombauer, I.; Becker, M. R., & Becker, E. (2002) [2002]. All About Canning & Preserving (The Joy of Cooking series). Nova York: Scribner. pp. 72. ISBN 0-7432-1502-8.
  • Verena und Markus Füllemann, Alex Baenninger: Faites vos pommes! Eine Art Kulturgeschichte des Apfels, 1997, ISBN 3-7165-1070-X.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]