En socioloxía, solidariedade refírese ao sentimento de unidade baseado nas metas ou intereses comúns, é un termo que se refire a axudar sen recibir nada a cambio a aplicación do que se considera bo.[1] Así mesmo, refírese aos lazos sociais que unen aos membros dunha sociedade entre si. Algúns sociólogos introduciron definicións específicas deste termo. Entre eles, un dos máis famosos foi Émile Durkheim.
A solidariedade é o aspecto social que se entende como a capacidade de entregarse a outros individuos pensando nestes como semellantes; é dicir, poder compartir un fogar, alimentos, sentimentos, etc, con outro ser vivo sen pensar na súa situación económica, tomando en conta tamén que os bens non son só o material. Existen dous tipos fundamentais de solidariedade:
Solidariedade mecánica: Dáse con moita máis frecuencia e presenza nos países pouco desenvolvidos, xa que a mesma caracterízase por unha total competencia de cada individuo na maioría dos traballos, dándose tan só unha mínima diferenciación a razón de idade e xénero.
Solidariedade orgánica: Durkheim afirma que a forte especialización de cada individuo orixina unha gran interdependencia, base da cohesión e solidariedade grupal, das persoas coa súa sociedade. A esta clase chámaa solidariedade orgánica. Así, cada membro posúe unha parte dos coñecementos xerais e os seus recursos, polo que todos dependen de todos. Este tipo de solidariedade adóitase presentar nas sociedades desenvolvidas. Atopamos nesta concepción a parte negativa na que unha excesiva especialización podería desembocar nun estado de desorganización social ou nun illamento do individuo como consecuencia da falta ou da incongruencia das normas sociais.[3]
Emerxe por mor da diferenciación de funcións e da división do traballo. Na medida en que os individuos especializan as súas funcións requiren doutros individuos para sobrevivir. Por exemplo, a familia. A familia que antes era auto suficiente, era capaz de servir entrelazada. A familia moderna require doutros, é dependente do resto dos individuos da sociedade. Nas formas de solidariedade orgánica os individuos desmárcanse do grupo, formando unha esfera propia de acción, pero ao mesmo tempo a división do traballo e a separación de funcións é a fonte ou condición de equilibrio social.