Måns Zelmerlöw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Måns Zelmerlöw
Måns Zelmerlöw 2013.jpg
Måns Zelmerlöw no 2013
Nome completo Måns Petter Albert Zelmerlöw
Nacemento 13 de xuño de 1986 (31 anos)
Orixe Flag of Sweden.svg Lund, Suecia
Ocupación(s) Cantante, actor
Xénero Pop
Instrumento(s) Voz
Selo(s) discográfico(s) Warner Music Suecia
Tempo en activo 2005 - actualidade
Na rede
Páxina web oficial

Måns Petter Albert Sahlén Zelmerlöw é un cantante e actor sueco. É coñecido por formar parte do talent-show Idol na tempada de 2005, quedando quinto, gañar a primeira tempada de Let's Dance e pola súa canción de 2007 "Cara Mia" que intentou gañar o Melodifestivalen de ese ano. Zelmerlöw foi o presentador de Allsång på Skansen dende 2011 a 2013. Participou no Melodifestivalen en 2007, 2009 e gañou no 2015. Representou a Suecia no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Heroes", resultando gañador.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en Lund, Måns Zelmerlöw é fillo de Birgitta Sahlén, profesora na Universidade de Lund, e Sven-Olof Zelmerlöw.[1][2] Zelmerlöw estudou música no instituto en Lund e formou parte no coro de este. En 2002 formou parte do elenco do musical Joseph and the Amazing Technicolor Dreamcoat en Malmö.[3]

Carreira[editar | editar a fonte]

2005: Idol[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Idol (Suecia).

Zelmerlöw comezou a súa carreira pública en 2005, onde formou parte na segunda tempada de Idol, na TV4; rematou nunha quinta posición e acabou eliminado o 11 de novembro, após oito semanas do programa.[4] Quedou dúas veces entre os tres últimos e unha vez entre os dous últimos.[4][5]

Semana # Tema Canción elixida Artista orixinal
Audición N/A "Hero" Enrique Iglesias
Clasificación final N/A "Flying Without Wings" Westlife
Semana 1 My Own Idol "Millennium" Robbie Williams
Semana 2 80's "The Look" Roxette
Semana 3 Swedish Hits "Astrologen" Magnus Uggla
Semana 4 Pop Hits "Escape" Enrique Iglesias
Semana 5 Disco "Relight My Fire" Dan Hartman
Semana 6 Cocktail "It's Not Unusual" Tom Jones
Semana 7 (1) Rock "Beautiful Day" U2
Semana 7 (2) Rock "The Reason" Hoobastank

2006: Let's Dance[editar | editar a fonte]

Zelmerlöw formou parte da primeira tempada do Let's Dance en 2006, colaborando con Maria Karlsson, e rematou gañando a final contra a cantante Anna Book.[6]

No mesmo ano, el formou parte da versión sueca do musical Grease, actuando no rol de Danny Zuko. Como resultado, Zelmerlöw firmou co selo discográfico M&L Records, unha división de Warner Music Group, para lanzar un álbum.[7]

2007-08: Melodifestivalen e Stand by For...[editar | editar a fonte]

Zelmerlöw actuando no 2009

En novembro de 2006 anunciouse que Zelmerlöw ía participar no Melodifestivalen 2007, final nacional para o Festival de Eurovisión 2007, que tería lugar en Helsinqui, Finlandia. El competiu coa canción "Cara Mia" na terceira semi-final o 17 de febreiro de 2007 en Örnsköldsvik, e conseguiu chegar á final, o 10 de marzo no Ericsson Globen, en Estocolmo. A canción quedou finalmente terceira por detrás dos gañadores The Ark e o segundo Andreas Johnson.[8] "Cara Mia" foi lanzado como sinxelo do primeiro álbum de Zelmerlöw Stand by For....[9] O álbum conseguiu o número 1 en Suecia e foi certificado como álbum de platino pola IFPI. Os catro sinxelos do álbum entraron no Top 50 en Suecia. O álbum tamén foi lanzado en Polonia en setembro de 2007.

O 5 de outbro de 2007 foi o presentador do Lilla Melodifestivalen na SVT. El tamén participou na versión musical de Footloose, co papel de Tommy.[10] O musical tivo lugar en Gotenburgo e Estocolmo.[10] En 2008 participou no Diggiloo tour con cantantes como Lasse Holm, Linda Bengtzing, Lotta Engberg, Thomas Pettersson, Molly Sandén e Nanne Grönvall.[11]

2009: Melodifestivalen e MZW[editar | editar a fonte]

O 18 de novembro de 2008, foi anunciado de novo a participación de Zelmerlöw no Melodifestivalen, esta vez coa canción "Hope & Glory".[12] El formou parte da segunda semi-final o 14 de febreiro de 2009 e outra vez conseguiu pasar á final o 14 de marzo no Globen.[13] "Hope & Glory" rematou nunha cuarta posición.

En 2008 Zelmerlöw volveu ao estudio para traballar no seu segundo álbum, MZW, que foi lanzado en marzo do 2009. Este foi certificado como disco de ouro polo IFPI e conseguiu unha primeira posición na Swedish Album Charts. O álbum foi tamén lanzado en Polonia.[14]

2013-14: Barcelona Sessions[editar | editar a fonte]

Zelmerlöw en Skansen no 2013

En marzo de 2013, Zelmerlöw revelou plans do seu terceiro álbum, Barcelona Sessions, desvelando o seu novo sinxelo, "Broken Parts".[15] En setembro de 2013, Zelmerlöw desvela o seu segundo sinxelo do álbum, chamado "Beatiful Life". O álbum lanzouse o 5 de febreiro de 2014.[16]

Zelmerlöw participou como compositor no Melodifestivalen 2013 coa canción "Hello Goodbye", cantada por Erik Segerstedt e Tone Damli.[17]

2015-actualidade: Festival de Eurovisión[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Festival de Eurovisión 2015.

Zelmerlöw participou unha vez máis no Melodifestivalen en 2015 coa canción "Heroes". Zelmerlöw gañou a final con 288 puntos e representará a Suecia no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria.[18][19][20] No mesmo certame, el foi o compositor da canción "Det rår vi inte för" cantada por Behrang Miri.[21]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Zelmerlöw ten unha irmá pequena. Xoga ao fútbol, ao tenis e ao golf.[22] Entre 2008 e 2011, tivo unha relación coa cantante e modelo sueca Marie Serneholt, antiga membro da banda sueca A-Teens.[23] O 26 de decembro de 2004, el e a súa familia sobreviviron ao terremoto do Océano Índico 2004 mentres estaban de vacacións en Khao Lak, Tailandia.[24][25]

Polémicas[editar | editar a fonte]

En marzo de 2014, mentres estaba de invitado nun programa sueco de cociña, Zelmerlöw comentou que a homosexualidade era unha "desviación" para el.[26][27] Máis tarde, pediu desculpas varias veces polas súas declaracións.[28][29]

Discografía[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jag har fått så mycket gratis". Aftonbladet. Consultado o 4 March 2015. 
  2. "Jag framstår som en alkis". Aftonbladet. Consultado o 10 March 2015. 
  3. Sveriges Radio. "Cara Mia". Consultado o 4 March 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Måns utröstad ur "Idol"". Expressen. Consultado o 3 January 2015. 
  5. "Idolartisterna framåt i melodifestivalen". Göteborgs-Posten. Consultado o 3 January 2015. 
  6. "Måns och Maria vann "Let's dance"". Aftonbladet. Consultado o 3 January 2015. 
  7. Stockholm TT Spektra (17 February 2011). "Tajta jeans för Måns Zelmerlöw i "Grease"". Metro. Consultado o 3 January 2015. 
  8. Stockholm TT. "Måns Zelmerlöw gör schlagercomeback". Svenska Dagbladet. Consultado o 3 January 2015. 
  9. "Stand By for...". musiXmatch. Consultado o 3 January 2015. 
  10. 10,0 10,1 "Stjärnorna i ny musikal". Expressen. Consultado o 4 March 2015. 
  11. "Måns Zelmerlöw laddar om för 2008". Expressen. Consultado o 4 March 2015. 
  12. "Måns Zelmerlöw om Melodifestivalen: 'Allvarligt - nu ska jag vinna skiten'". Aftonbladet. Consultado o 3 January 2015. 
  13. Matilda Källén. "Måns Zelmerlöw har hittat hem". Kristianstadsbladet. Consultado o 4 March 2015. 
  14. Paulina Stoltz. "Recension: MZW - Måns Zelmerlöw (Pop) - Musik". Svenska Dagbladet. Consultado o 3 January 2015. 
  15. "Måns Zelmerlöw - "Run for your life"". Expressen. Consultado o 3 January 2015. 
  16. "Måns Zelmerlöws "Barcelona sessions"". Expressen. Consultado o 3 January 2015. 
  17. "Måns Zelmerlöw: "Jag kommer aldrig lämna Melodifestivalen"". Poplight. Consultado o 4 March 2015. 
  18. Sveriges Radio. "Saade and Zelmerlöw favourites for Melodifestivalen 2015". Consultado o 3 January 2015. 
  19. TT (25 November 2014). "Saade och Zelmerlöw siktar mot seger". Trelleborgs Allehanda. Consultado o 3 January 2015. 
  20. "Eurovision Sweden: Måns Zelmerlöw wins Melodifestivalen 2015!". esctoday.com. Consultado o 14 March 2015. 
  21. "”Det rår vi inte för” skrevs för Måns Zelmerlöw". svt.se. Consultado o 28 March 2015. 
  22. "Måns Zelmerlöw - Biografi". Arquivado dende o orixinal o 29 July 2012. Consultado o 21 March 2015. 
  23. "Måns Zelmerlöw och Marie Serneholt gjorde slut mitt under allsången: Vi är inte ett par längre - Klick!". Aftonbladet. Consultado o 4 March 2015. 
  24. "Måns Zelmerlöw var med om tsunamin 2004: Det var ofattbart hemskt - Nöjesbladet - Aftonbladet". Aftonbladet. Consultado o 21 March 2015. 
  25. "Måns Zelmerlöw: "Jag glömmer aldrig likstanken" - Malou Efter tio - tv4.se". Consultado o 21 March 2015. 
  26. "SWEDEN: MÅNS ZELMERLÖW APOLOGISES AFTER GAY COMMENTS ON "PLURAS KÖK"". Wiwibloggs. Consultado o 20 March 2015. 
  27. "Eurovision Song Contest 2015: Sweden selects singer who made anti-gay remarks". The Independent. Consultado o 16 March 2015. 
  28. Larsson, Ronny (3 November 2014). "Måns "Jag passerade gränsen på så många sätt"". QX. Consultado o 20 March 2015. 
  29. "Måns: Försökt att få den delen bortklippt". Expressen. Consultado o 20 March 2015.