Footloose (filme de 1984)
| Footloose | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Footloose é un filme estadounidense de 1984 dirixido por Herbert Ross. Conta a historia de Ren McCormack (interpretado por Kevin Bacon), un adolescente de Chicago que se muda a unha pequena vila, onde intenta anular a prohibición de bailar instituída por un reverendo local (John Lithgow).
O filme recibiu valoracións dispares da crítica mais converteuse nun éxito de recadación, conseguindo 80 millóns de dólares nos cinemas dos Estados Unidos e converténdose no sétimo filme con maior recadación do ano 1984. O filme é coñecido pola súa música, coas cancións "Footloose" de Kenny Loggins e "Let's Hear It for the Boy" de Deniece Williams sendo nomeadas ao Óscar á mellor canción orixinal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kevin Bacon como Ren McCormack
- Lori Singer como Ariel Moore
- Dianne Wiest como Vi Moore
- John Lithgow como Rev. Shaw Moore
- Chris Penn como Willard Hewitt
- Sarah Jessica Parker como Rusty
- John Laughlin como Woody
- Elizabeth Gorcey como Wendy Jo
- Frances Lee McCain como Ethel McCormack
- Jim Youngs como Chuck Cranston
- Timothy Scott como Andy Beamis
- Andrea Hays como Bar Patron
- Arthur Rosenberg como Wes Warnicker
- Alan Haufrect como Roger Dunbar
Acollida
[editar | editar a fonte]Recadación
[editar | editar a fonte]O filme recadou 80.035.403 dólares no país. Converteuse no sétimo filme máis exitoso de 1984.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Footloose (1984) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 2021-05-03. Consultado o 2019-09-07.