Roxette

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roxette
Roxette-Roxette at Bospop festival The Netherlands 2011.jpg
Orixe Halmstad, Östra-Ljungby, Suecia
Período 1986 - presente
Xénero(s) Pop, Rock
Selo(s) discográfico(s) EMI Music e
Edel Music
Membros Per Håkan Gessle,
Gun-Marie Fredriksson
Web oficial Páxina Oficial

Roxette é un dúo sueco formado por Per Håkan Gessle e Gun-Marie Fredriksson. Venderon 75 millóns de discos e singles, catro dos cales chegaron a primeira posición no Billboard de Estados Unidos e foron a primeira banda de fala non inglesa en gravar un unplugged para a MTV. Se ben o grupo fundouse no 1986, a fama internacional chegou en 1989 cando a canción The Look os elevou a cima das principais listas musicais; e logo pola súa participación en Pretty Woman coa canción It Must Have Been Love, na súa segunda versión editada especialmente para este filme. Ademais escribiron cancións para outras películas como Almost Unreal para Super Mario Bros e Stupid para Spun.

Historia[editar | editar a fonte]

Os inicios[editar | editar a fonte]

Marie Fredriksson e Per Gessle, xa formaran con anterioridade bandas que tiveron un importante éxito local, sobre todo Per, como líder do grupo Gyllene Tider. Pero en 1986, os considerados como a mellor cantante e o mellor compositor do momento en Suecia, decidiron unirse para intentar gravar un álbum xuntos. Coma inicio desta colaboración, editaron o seu primeiro single Neverending Love no verán de 1986, que tivo un grande éxito e se converteu no primeiro Top 10 do dúo no seu pais natal. Á vista do resultado, e apoiados pola división europea de EMI, decidiron continuar e gravar o seu primeiro álbum Pearls Of Passion. Así nacía Roxette -que toma o nome dunha canción da banda Dr. Feelgood. O material deste traballo estaba en principio destinado ao terceiro álbum en solitario de Per, pero foi rápidamente traducido ao inglés. Pearls Of Passion incluía Neverending Love así coma outros singles que lograron un éxito similar. O primeiro álbum de Roxette non saíu fóra do seu país, pero o éxito local levounos a vender máis de 200.000 copias en Suecia.

Look Sharp![editar | editar a fonte]

Roxette, Concerto Barcelona 2001

En 1988 publican Look Sharp!, co que realizaron unha exitosa xira nacional. O álbum vendera máis de 300.000 copias no seu país (o equivalente a 7 discos de platino) sen embargo non logrou atraer a atención mundial. En 1989 as cousas cambiaron rotundamente: o disco converteuse nun éxito internacional grazas a un rapaz norteamericano que se atopaba en Suecia por motivo dun intercambio estudiantil. O xoven americano recibiu coma obsequio o disco, o cal –tralo seu regreso a casa – o prestou a unha emisora norteamericana. O single The Look, que rebotara nas súas edicións en Europa comezou a ser solicitado por miles de oíntes en Mineapolis. A través de copias enviadas a emisoras asociadas, Roxette conseguía dar o seu primeiro paso importante fora de Suecia. En abril de 1989 a canción converteuse no primeiro numero un de Roxette en Estados Unidos e na primeira canción dun artista escandinavo en lograr esa posición dende que ABBA o conseguise con Dancing Queen en 1977. The Look chegou á primeira posición en outros trinta países e a sétima posición en Reino Unido, converténdose nunha das cancións máis exitosas desa década.

Per Gessle

Dressed For Sucess, o segundo single, situouse comodamente nos Top 10 europeos, (no Billboard entrou no Top 15). Unha balada, a primeira que inauguraría a Roxette no campo romántico fainos regresar ao primeiro posto no Billboard americano. Listen To Your Heart foi o segundo número 1 do dúo en Estados Unidos e o segundo Top Ten no Reino Unido ese ano (sexta posición). En 1990, Dangerous, o cuarto e último single de Look Sharp! para o mercado internacional, chega á segunda posición en Estados Unidos onde se mantén durante dúas semanas. Roxette convertérase nun éxito de difusión e ventas. As súas marcas conseguidas nas listas americanas con Look Sharp! superaban as de calquera outro álbum escandinavo. Na actualidade, o álbum, que vendeu un total de 8 millóns de copias en todo o mundo, é o disco coa mellor posición de singles de calquera artista escandinavo en Estados Unidos.

Pretty Woman[editar | editar a fonte]

En 1990 conseguiron o terceiro número 1 en Estados Unidos. It Must Have Been Love foi incluída na banda sonora de Pretty Woman, longametraxe protagonizado por Richard Gere e Julia Roberts. O tema fora composto en 1987 tendo por título orixinal Christmas for the Broken Hearted, despois de que EMI Alemaña solicitara a Roxette un single para o Nadal. Anos máis tarde,unha vez modificada e incorporada á banda sonora da película, a canción convertiríase noutro record de ventas chegando á primeira posición en Xapón, Australia e outros vinte países. É a canción máis exitosa de Roxette no Reino Unido (terceira posición en 1990 e 10 en 1993 cando reingresou á lista oficial) e unha das baladas clásicas máis difundidas na actualidade. En 1990 a canción mantívose dúas semanas na primeira posición en Estados Unidos, dúas semanas na segunda, dez semanas máis entre as dez primeiras e outras dezasete nas corenta primeiras. Ese ano, foi nomeada a segunda canción máis difundida en 1990 pola revista Billboard.

Joyride[editar | editar a fonte]

En 1991 editaron o álbum Joyride, do que o seu tema principal, que leva o mesmo nome que o álbum, chega ao primeiro lugar do Billboard e outra vintena de países. Non só foi o cuarto número 1 do dúo en Estados Unidos, senón unha demostración de que Roxette non se quedaría no éxito do seu primeiro álbum, superando a Look Sharp! cun total de 10 millóns de copias vendidas en todo o mundo . Ese mesmo ano, Fading Like A Flower ocupa o segundo posto no Billboard. The Big L. logrou un éxito similar en Europa e Spending My Time, unha das canción máis coñecidas de Roxette, mantivo as ventas do disco a flote, chegando o Top 10 en Xapón e ó primeiro posto en varios países latinoamericanos. Joyride foi a terceira canción máis exitosa de 1991 no mundo.

Tourism[editar | editar a fonte]

Marie Fredriksson

En 1992 publicaron Tourism: Songs From Studios, Stages, Hotelrooms & Other Strange Places, gravado durante a súa primeira xira mundial Join The Joyride – World Tour 1991-92, ca que visitaron catro continentes, con 107 concertos os que asistiron 1.700.000 persoas. O álbum inclúe, ademais, novas cancións gravadas en diferentes países do mundo. How Do You Do!, a súa primeira canción, convértese nun novo éxito para os suecos.

Roxette xa se convertera nun éxito en todo o mundo. En só tres anos de éxito internacional vendera 30 millóns de discos, chegara catro veces a primeira posición do Billboard e recorrido o mundo enteiro coas súas xiras.

Super Mario Bros[editar | editar a fonte]

En 1993 colaboraron na banda sonora da película Super Mario Bros, con Almost Unreal e cunha versión nova cantada por Marie de Cinnamon Street (tema xa incluída en Tourism). A pesar do fracaso do filme, Almost Unreal levou a Roxette a conseguir outro Top Ten no Reino Unido, alcanzando a posición número 7. Ese mesmo ano gravaron en Estocolmo un concerto Umplugged para MTV. Esta vez volvían a facer historia, se converteron na primeira banda non anglosaxoa en gravar un umplugged para MTV.

Crash! Boom! Bang![editar | editar a fonte]

En 1994 Roxette regresou co seu quinto álbum de estudio, Crash! Boom! Bang!, que, tan esperado como o foi Joyride en 1991, estivo cheo de sorpresas. Sleeping In My Car, o primeiro single, mostraba un sonido moita máis duro, con Marie na voz principal e unha distorsión de guitarras máis ben afastadas do estilo clásico de Roxette. En setembro dese ano arrancou a súa segunda xira internacional, Crash! Boom! Bang World Tour 94-95!, con 47 concertos en Europa. Esta segunda xira internacional de Roxette os converteu na primeira banda occidental que tocou en China dende que Wham! o fixera case dez anos antes. A xira tamén os levou a Suráfrica, onde 130.000 fans corearon os seus novos e antigos éxitos. En abril de 1995 aterraron novamente en Latinoamérica, para concluír co recorrido un mes máis tarde en Rusia, onde foron autorizados para tocar o primeiro de maio, Día Internacional do Traballo en case todo o mundo. Este suceso foi outro ascenso para Roxette: o concerto de Roxette foi a primeira celebración pública nun primeiro de maio en Moscova dende 1917.

Don't Bore Us-Get to the Chorus: Roxette's Greatest Hits[editar | editar a fonte]

En 1995 o dúo sacou á venta o seu primeiro álbum recompilatorio de grandes éxitos Don't Bore Us-Get to the Chorus: Roxette's Greatest Hits. O primeiro single, a balada You Don´t Understand Me devolveunos ao Top Ten sueco. É a única canción de Roxette composta con axuda externa, como di Per Gessle, que se reuniu con Desmond Child a compoñer a hipnótica canción. O álbum contiña outras tres novas cancións -June afternoon, She doesn't live here anymore e I don´t want to get hurt- ademais das 16 cancións máis coñecidas de Roxette entre a época 1988-1995.

Don't Bore Us-Get to the Chorus tamén foi publicado nunha edición especial limitada titulada: Don't Bore Us-Get To The Chorus! [Roxette's European Promo Tour], dito álbum non contén a lista de temas da edición orixinal, senón que aparecen só catro pistas de audio que corresponden as súas famosas versión Abbey Road, que non son máis que as versións acústicas gravadas en directo nos Abbey Road Studios, o 15 de novembro de 1995, dos temas: The Look, Listen To Your Heart, You Don’t Understand Me e Help! (dos Beatles), artigo que está considerado unha verdadeira rareza dentro da discografía de Roxette; álbum e versións moi pouco coñecidos polo público común.

Rarities[editar | editar a fonte]

Tamén en 1995 editan o seu disco de rarezas titulado Rarities, que incluía temas anteriores e material novo. Demos inéditas, maquetas de cancións, remixes e tres temas tocados en 1993 para o umplugged de MTV.


Baladas en Español[editar | editar a fonte]

O álbum Baladas En Español saíu a luz en 1996, e recollía os temas románticos máis importantes creados por Roxette e traducidos ao castelán (por Luis G. Escolar). Un Día Sin Ti (Spending My Time) é elixida como primeiro single. O éxito do álbum é arrollador en España e América Latina. A finais de 1996, Marie ten o seu segundo fillo, e decide tomarse unhas vacacións para dedicarse máis a súa familia. Mentres tanta, Per proseguía coa súa carreira en solitario sacando o seu álbum The World According To Gessle.

Pearls of Passion: Reedición[editar | editar a fonte]

Para 1997 era case imposible encontrar unha copia do primeiro álbum de Roxette, polo que deciden reeditalo e incluír oito temas inéditos da mesma época do grupo, como a versión orixinal de It Must Have Been Love (Christmas for the broken hearted) ou a canción que lle da nome o álbum Pearls Of Passion, entre outras demos e remixes.

Have a nice day[editar | editar a fonte]

En 1998 reuníronse en estudios de Marbella e Estocolmo para realizar o álbum Have A Nice Day, con tres novas reedicións en español, publicado en 1999. Dito álbum mostra unha marcada diferenciación dos traballos anteriores de Roxette, tanto nas baladas, como Wish I Could Fly, como nos temas pop, marcado claramente nos temas 7Twenty7 e Stars. O éxito do seu primeiro single Wish I Could Fly, veuse reflexado co medio millón de copias que se venderon rapidamente. A canción chegou á posición 11 no Reino Unido e a finais de 1999 foi incluída na lista das 10 cancións máis escoitadas do ano en Europa. Ao ano seguinte, Roxette recibiu el World Music Award na categoría Artista escandinavo máis vendido do ano.

Room Service[editar | editar a fonte]

Outro álbum coa mesma tendencia aparece en 2001, cando o dúo realiza Room Service, o seu sétimo álbum de estudio. The Centre Of The Heart, o primeiro single, levounos de regreso a primeira posición da lista oficial sueca onde se mantivo por catro semanas. Ese ano, Roxette volveu a saír de xira. Room Service - World Tour 2001, foi visto por uns 300.000 espectadores en Europa. Es setembro, debido os atentados ao World Trade Center, o dúo cancelou os concertos programados fora de Europa.

Recopilatorios e outros acontecementos[editar | editar a fonte]

Roxette, Concerto Arnhem 2009

Durante o 2002 o dúo prepara dúas recompilacións de grandes éxitos. O primeiro, The Ballads Hits foi presentado ese mesmo ano e incorpora dous temas novos, A thing about you e Breath; o segundo, The Pop Hits inclúe os temas inéditos Opportunity Nox e Little Miss Sorrow e foi presentado en 2003. En medio da xira de promoción de The Ballads Hits, Marie sufre un vaído e, tras realizarlle estudios médicos para encontrar a causa, descubríronlle un tumor cerebral do que tivo que ser operada.

Posteriormente á intervención quirúrxica de Marie, o 31 de xaneiro de 2003, Roxette recibiu de mans do Rei Carlos Gustavo de Suecia a medalla de honor polos seus excepcionais logros no mundo da música sueca e internacional.

Por mor da súa recuperación, Marie alonxouse da música durante unha tempada. Mentres tanto, Per continuou como solista con traballos como Mazarin, en 2003, e Son Of A Plumber, en 2005, o seu último proxecto. Xa de volta na música, Marie gravou un álbum como solista en 2004: The Change.

En decembro de 2005, Per recibiu en Londres un premio BMI por ser o compositor de dous dos temas máis emitidos nos últimos anos nas emisoras estadounidenses (Listen To Your Heart e It Must Have Been Love). Á entrega do premio tamén asistiu Marie.

O seu seguinte proxecto foi a caixa recompilatoria The Rox Box (2006), na que gravaron duas novas cancións (One Wish e Reveal) e que inclúe os éxitos máis algunhas rarezas e o MTV Umplugged. Dito disco é lanzado polo 20 aniversario da banda.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • A canción Dangerous foi escrita por Per Gessle para Don Johnson, que a finais dos 80 estaba a gravar un disco, pero este rexeitouna e o dúo incluina en Look Sharp!
  • A canción Joyride foi composta a partir dunha nota que lle deixou a muller de Per no piano coa mensaxe Hej din tok - jag älskar dej!, que deu lugar ao coñecido estribillo da canción Hello, you fool, I love you
  • O título da canción Joyride xurdiu a raíz dunha entrevista a Paul McCartney na que afirmaba que compoñer xunto a John Lennon era como dar unha volta en coche
  • A canción It must have been love foi radiada nos EUA máis de 3 millóns de veces dende que se estreou por primeira vez en 1990
  • As autoridades chinas pediron ao grupo que modificase a súa posta en escena da canción Sleeping in my car xa que, ademais do explícita que era a letra, a actuación de Marie no escenario era un pouco subida de ton, pero o grupo ignorou a recomendación
  • O título da canción Crash! Boom! Bang! está sacado da canción Jailhouse Rock de Elvis Presley
  • A canción Go to sleep incluida no álbum Crash! Boom! Bang! é unha canción de berce adicada á filla de Marie, Josefin, mentras que a canción I was so lucky do álbum Have a nice day está adicada a Gabriel, o fillo de Per
  • O vídeo de Anyone, do álbum Have a nice day, foi censurado nalgunhas cadeas de música, coma MTV, xa que nel Marie simula un suicidio
  • Real sugar é a única canción de Roxette que lle gusta ao fillo de Per, Gabriel

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]