Lunyu
| Lunyu | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Parte de
| |||||
|
Lingua
| |||||
|
Composto por
Analects/Chapter IX (en)
Analects/Chapter XIII (en) Confucian Analects/II (en) Confucian Analects/VI (en) | |||||
| Autoría | |||||
|
Autor/a
| |||||
| Temática | |||||
|
Tema principal
| |||||
|
Representa a
| |||||
| Publicación | |||||
|
Edicións
The Analects (Legge) (en)
Translation: Analects of Confucius (en) The Analects of Confucius (en) The Analects of Confucius (en) Lunyu, text Kong [Anguo] with commentary by Zheng [Xuan] (en) Q134383675 The Analects of Confucius (en) "Sishu Shen" Ling's red ink overprint of the Analects of Confucius in the late Ming Dynasty (en) Les Entretiens de Confucius (en) Analects (en) The Analects (kanbun) (en) non-eo (en) Q136215555 | |||||
| Datas e cronoloxía | |||||
|
Data de creación
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Identificadores | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
|
Obra dispoñible en
| |||||
| Wikidata C:Commons | |||||
Lunyu ou Analectas (chinés tradicional: 論語; chinés simplificado: 论语; pinyin: Lúnyǔ; Wade-Giles: Lun2-yü3) é o texto fundamental do confucianismo, consistente nunha escolma desordenada de ditos, diálogos e pequenos relatos realizada polos discípulos de Confucio durante aproximadamente un século despois da súa morte e completada, xa que logo, ao redor do -400.[1][2] Está considerado un dos Catro Libros.
Recolle un modelo de sabedoría moi influente na historia da China ata a chegada do comunismo. Trata de actitudes éticas, da educación e do goberno. Defende o respecto aos pais, o esforzo por acadar a virtude, a ecuanimidade e o sentido da rectitude, a lealdade, a prudencia e a xustiza.
Confucio dixo: un cabaleiro debe poñerse en garda contra tres perigos: cando é novo e lle ferve o sangue, debe gardarse contra a luxuria; cando é maduro e o sangue está en plenitude, debe gardarse contra a carraxe; na vellez cando o sangue está murcho, debe gardarse da rapacidade (16.7)
Transmisión
[editar | editar a fonte]A compilación dos textos do Lunyu é sen dúbida posterior ao pasamento de Confucio, xa que neles se tratan como defuntas persoas que morreron despois del, coma o duque Ai de Lu 魯哀公 (494-467).[2] Tamén se mencionan afirmacións de discípulos coma Zeng Shen 曾參 (505-436), polo que a escolma debeu realizarse arredor do século -IV.[2] Porén, o libro non foi considerado un clásico até a dinastía Song (960-1279), cando o erudito neoconfuciano Zhu Xi (1130-1200) o escolleu coma un dos chamados Catro Libros (sishu 四書).[2][3]
Contidos
[editar | editar a fonte]Non existen moitas fontes sobre Confucio, a excepción do Lunyu. A principal biografía do pensador é a realizada por Sima Qian no seu célebre Shiji ("Rexistros do gran historiador", s. I a.C.), que contén, emporiso, materiais non dispoñibles en textos anteriores e posiblemente lendarios. Xa que logo, a fonte biográfica fundamental e máis fiable sobre Confucio é o propio Lunyu.[4] No texto, Confucio preséntase a si mesmo como un mero transmisor dunha tradición social e política herdada dos comezos da dinastía Zhou (c. 1000-800 a.C.), ao tempo que nega ter inventado nada. Porén, os seus ideais non foron populares no seu tempo.[5]
Filosofía social
[editar | editar a fonte]Confucio debateu sobre a natureza do sobrenatural, defendendo que as crenzas en pantasmas e espíritos deberían respectarse, mais distanciándose delas. Pola contra, os seres humanos deberían basear os seus valores e ideais de sociedade na filosofía moral, na tradición, e no amor natural entre as persoas. A filosofía social de Confucio depende en gran medida do cultivo do ren por todos os individuos da comunidade.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Confucianism - Analects, Philosophy, Ethics - Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2024-02-14.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Theobald, Ulrich. "Lunyu 論語 (www.chinaknowledge.de)". chinaknowledge.de (en inglés). Consultado o 2024-02-14.
- ↑ Thompson, Kirill (2021). Zalta, Edward N., ed. Zhu Xi (Summer 2021 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University.
- ↑ Lau 2002, p. ix.
- ↑ 5,0 5,1 Riegel 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lau, D. C. (2002). "Introduction". The Analects (en inglés). The Chinese University Press. ISBN 962-201-980-3.
- Riegel, Jeffrey (2012). "Confucius". En Zalta, Edward N. The Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés).