Luís López Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Luis López Ballesteros")
Luís López Ballesteros
Luis Lopez Ballesteros.JPG
Luís López Ballesteros Varela
Datos persoais
Nacemento 21 de xuño de 1782
Lugar Vilagarcía de Arousa
Falecemento 13 de outubro de 1853
Lugar Madrid
Organización Liberais moderados
Profesión Militar e político

Luis López Ballesteros Varela, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xuño de 1782 e finado en Madrid o 13 de outubro de 1853, foi un militar e político galego, Señor do pazo da Golpilleira.

Primeiros anos e Guerra da Independencia[editar | editar a fonte]

Quedou orfo de pai ós 4 anos. Súa nai e toda a súa familia materna era de Dodro, señores do pazo de Tarrío. Estudou leis na Universidade de Santiago de Compostela.

Durante a ocupación francesa de España proclamou a independencia da comarca de Vilagarcía, o 8 de maio de 1808 do Imperio Napoleónico, primeiro levantamento en Galicia[1]. As tropas francesas entraron en Vilagarcía un ano despois para tomar represalias. Foi vogal da Xunta Suprema do Reino de Galicia e coa represión napoleónica houbo de escapar nunha nave inglesa. En 1813 foi procurador síndico do Concello de Vilagarcía de Arousa. Durante a Guerra da Independencia exerce coma comisario de guerra.

Restauración absolutista[editar | editar a fonte]

En 1814 ingresa coma oficial duodécimo en Facenda e no 1818 Fernando VII noméao Director Xeral de Rendas. No ano 1820, trala proclamación do pronunciamento de Riego, solicita a xubilación por fidelidade ó monarca. O 24 de xaneiro de 1822 foi nomeado Ministro de Facenda, porén cesou do cargo ós 6 días. Unha vez concluído o Trienio Liberal, foi nomeado Ministro de Facenda o 2 de decembro de 1823.

Foi Ministro de Facenda durante a Década Ominosa con Fernando VII, durante 9 anos, que representa un tempo considerable para un cargo ministerial do século XIX, adoptando medidas de relevancia, coma a creación da Bolsa de Madrid, a aprobación do Código de Comercio, a Lei de Axuizamento dos Negocios e Causas Comerciais e a creación por primeira vez na historia de España dun orzamento anual co que se pretendía paliar a débeda. Tamén crea as Intendencias de Guerra e da Mariña, a Junta de Fomento de Riqueza Pública e a Caixa de Amortización da Débeda. Negociou con Francia e Inglaterra para liquidala débeda. Fundou o Banco Español de San Fernando, sobre as cinsas do Banco de San Carlos. Amais estableceu en Madrid o Conservatorio das Artes. Creará tamén a Inspección Fiscal de Aduanas e o expediente de responsabilidades dos funcionarios. Por todo esto considerase o fundador da facenda moderna en España.

Últimos anos e descendencia[editar | editar a fonte]

En 1832 é nomeado Conselleiro de Estado pero una vez morto Fernando VII retirase da política.

Foi director da Real Academia da Historia e senador en tres ocasións; pola provincia de Pontevedra e pola da Coruña. É nomeado por Ramón María Narváez senador vitalicio en 1845. Juan Bravo Murillo nomeao presidente do Consejo de Ultramar. En 1846 Isabel II de España ofrécelle a carteira de Facenda, pero declina a proposición.

Estaba en posesión da Gran Cruz da Orde de Carlos III, da Orde de San Genaro de Nápoles, da Lexión de Honra de Francia, e da Orde da Torre e a Espada de Portugal.

Foi pai de Diego López Ballesteros, presidente do Congreso dos Deputados de España entre 1862 e 1863 amais de Ministro de Ultramar.


Predecesor:
Luis Sorela Carcaño
Juan Bautista Erro y Azpiroz
Ministro de Facenda
24 de xaneiro - 30 de xaneiro de 1822
2 de decembro de 1823 - 30 de setembro de 1832
Sucesor:
Luis Sorela Carcaño
Victoriano de Encima y Piedra
Predecesor:
-
Coat of Arms of the Spanish Royal Academy of History.svg
Real Academia da Historia: Medalla 30
1841 - 1853
Sucesor:
Juan Manuel Montalbán y Hernanz

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]