Luis Gregorio Ramos Misioné

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuis Gregorio Ramos Misioné
Biografía
Nacemento15 de maio de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Participou en
1984Xogos Olímpicos de 1984
1980canoeing at the 1980 Summer Olympics – men's K-2 1000 metres (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1976canoeing at the 1976 Summer Olympics – men's K-4 1000 metres (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor em Wikidata

Luis Gregorio Ramos Misioné, nado en Lugo o 15 de maio de 1953,[1][2] é un ex-piragüista galego, que competiu na modalidade de augas tranquilas. Foi campión do mundo de K4 1000m en 1975 e participou en tres Xogos Olímpicos (Montreal 1976, Moscova 1980 e Os Ánxeles 1984), logrando dúas medallas, unha prata e un bronce.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou no remo con 14 anos no club da súa cidade, o Club Fluvial de Lugo.[3]

Gañou oito medallas no Campionato Mundial de Piragüismo entre os anos 1975 e 1982, destacando o ouro que logrou en Belgrado en 1975 no K4 1000m, formando equipo con José María Esteban Celorrio, José Ramón López Díaz e Herminio Menéndez.[4] Con ese mesmo equipo participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal. Foron primeiros na súa serie da primeira rolda e tamén nas semifinais, e obtiveron a medalla de prata na final, na que foron superados por menos de tres décimas pola pola embarcación soviética de Sergei Chukhrai, Aleksandr Degtiarev, Iurii Filatov e Vladimir Morozov.[5]

Na seguinte cita olímpica, Moscova 1980, competiu no K-2 1.000 metros xunto con Herminio Menéndez.[6] Gañou a primeira serie e a serie das semifinais, pero na final tivo que conformarse co bronce, ao seren superados de novo pola piragua soviética (con Sergei Chukhrai e Vladimir Parfenovich) e pola húngara (István Szabó e István Joós).[7] Tamén participou nos Xogos de 1984 nos Ánxeles, quedando en 6ª posición do K4 1000 e obtendo un diploma olímpico.

Ademais foi campión de España en 60 ocasións.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Xogos Olímpicos
Ano Lugar Medalla Competición
1976 Montreal, Canadá

Prata

K4 1.000 m
1980 Moscova, Unión Soviética Unión Soviética

Bronce

K2 1.000 m
1984 Os Ánxeles, Estados Unidos de América Estados Unidos - K4 1.000 m
Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
1975 Belgrado, Iugoslavia Iugoslavia Bronce K1 4x500 m
1975 Belgrado, Iugoslavia Iugoslavia

Ouro

K4 1.000 m[3]
1977 Sofía, Bulgaria Bulgaria Bronce K4 500 m
1977 Sofía, Bulgaria Bulgaria Bronce K4 1.000 m
1978 Belgrado, Iugoslavia Iugoslavia

Prata

K4 500 m
1978 Belgrado, Iugoslavia Iugoslavia Bronce K4 1.000 m
1979 Duisburgo, Alemaña Alemaña Bronce K2 1.000 m
1982 Belgrado, Iugoslavia Iugoslavia Bronce K2 1.000 m

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L., R. (1 de agosto de 2020). "Una plata para el recuerdo: 44 años de la medalla de Luis Gregorio Ramos Misioné". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  2. Redacción (1 de agosto de 2020). "44 años de la primera gran proeza de Herminio Menéndez". lavozdeasturias.es (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Grande, Antón (7 de xullo de 2019). "«Desde joven tuve claro que el piragüismo y el Miño eran lo mío»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  4. "Luis". canoeresults.eu (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  5. "Resultados de Montreal 1976" (PDF). la84foundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  6. "Luis Ramos". olympedia.org (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  7. "Resultados de Moscova 1980" (PDF). la84foundation.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 13 de agosto de 2021. 
  8. "Resolución de 25 de noviembre de 2003, de la Presidencia del Consejo Superior de Deportes, por la que se concede el ingreso en la Real Orden del Mérito Deportivo, a las personas y entidades que se indican en las categorías que se señalan". boe.es (en castelán). 6 de decembro de 2003. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  9. "RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2011 pola que se outorgan as distincións ao mérito deportivo de Galicia 2011". xunta.gal. 16 de maio de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 
  10. Redacción (20 de xaneiro de 2020). "Díaz-Flor, entre los candidatos a ingresar en el Salón de la Fama de la Federación Española de Piragüismo". ceutadeportiva.com (en castelán). Consultado o 8 de xaneiro de 2020. 
  11. "El Comité Olímpico homenajea al K4 español primera medalla de piragüismo en 1976". rfep.toools.es. 15 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 8 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]