Club Fluvial de Lugo
Club Fluvial de Lugo | |||
---|---|---|---|
Tipo | club deportivo ![]() | ||
Deporte | natación, piragüismo, tríatlon, tenis, atletismo e orientación ![]() | ||
Actividade | |||
Industria | actividades deportivas ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1935 ![]() | ||
Localización | |||
País | España ![]() | ||
Sede | Lugo ![]() | ||
Fontes e ligazóns | |||
Páxina WEB | clubfluviallugo.com ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Club Fluvial de Lugo é un club deportivo galego con base na cidade de Lugo, no que se practican deportes como o piragüismo, a natación ou o tríatlon. Atópase a uns 500 metros da Ponte Vella de Lugo e das Termas Romanas, por onde pasa o Camiño Primitivo. Desde o 2002, a contorna onde se atopa o C.Fluvial é Reserva da Biosfera e goza de especial protección.[1] O club chegou a contar con máis de 22.000 beneficiarios, o que supón un cuarto da poboación da cidade de Lugo.[2] No 2023 conta cuns 17 000 socios, o que fai que sexa unha das sociedades con máis socios de Galicia.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]O club nace o 29 de setembro do ano 1935, cando se creou o Centro de Iniciativas y Turismo, aínda que non sería até abril do ano 1957 cando adquiriría o nome actual. O piragüismo foi o primeiro deporte que se practicou no C. Fluvial, o que o converte no club galego máis antigo en practicalo e un dos tres máis antigos de España.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Localización y entorno". Club Fluvial de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-08-19.
- ↑ 2,0 2,1 "El Club". Club Fluvial de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-08-19.
- ↑ "El Club Fluvial de Lugo es la única firma que opta a la concesión del suelo junto al río". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-04-30. Consultado o 2023-08-19.