Lucia Moholy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucia Moholy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xaneiro de 1894 Editar o valor em Wikidata
Praga Editar o valor em Wikidata
Morte17 de maio de 1989 Editar o valor em Wikidata (95 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
Reino Unido
Suíza Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Carolina de Praga
Academy of Fine Arts Leipzig (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFotografía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa , mestra , xornalista de opinión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua checa Editar o valor em Wikidata
Participou en
18 de maio de 1929Film und Foto (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLászló Moholy-Nagy (1921–1929)

Discogs: 4342872 Editar o valor em Wikidata

Lucia Moholy, nada como Lucia Schulz en Praga o 18 de xaneiro de 1894 e finada en Zürich o 17 de maio de 1989, foi unha fotógrafa e editora checa nada como Schulz, importante figura da vangarda alemá de entreguerras. As súas fotos documentaron a arquitectura e os produtos da Bauhaus, e presentaron as súas ideas ao público trala segunda guerra mundial. Porén, Moholy rara vez foi acreditada pola súa obra, moitas veces atribuída ao seu marido László Moholy-Nagy ou a Walter Gropius.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lucía Schulz estudou historia da arte e filosofía na súa Universidade de Praga.[3][4] En 1919 publicou obras literarias radicais e expresionistas co pseudónimo "Ulrich Steffen".[4][5] Coñeceu o artista húngaro László Moholy-Nagy en Berlín en 1920 e casou con el o día do seu 27 aniversario en xaneiro de 1921. Os tres pasaron cinco anos na escola da Bauhaus, onde Lucia Moholy explorou a súa afección á fotografía.[4][5]

Coincidindo coa época da Bauhaus[6] en Dessau, en que o seu marido foi un importante profesor e teórico dende 1923, realizou un rico labor de documentación fotográfica de todos os aspectos da vida diaria na Bauhaus, dende o máis doméstico ata os traballos e deseños realizados nas súas fábricas de Weimar e Dessau.[7][8] Tamén retratou moitas das súas figuras máis importantes, dende o propio Moholy-Nagy, ata deseñadoras e fotógrafas como Marianne Brandt ou doutros recoñecidos artistas internacionais da altura de Paul Klee, Kandinsky, Georg Muche ou Anni Albers. O seu propio marido sempre recoñeceu o seu importantísimo papel nese ámbito, mesmo cando xa estaba divorciados.

Debido á súa orixe xudía (ela declarábase atea) tivo que fuxir de Alemaña coa chegada do nazismo e acabou traballando no Reino Unido e nos Estados Unidos. Ademais de desenvolver o seu labor no mundo editorial tamén o fixo colaborando coa ONU.

Moholy mudouse en 1959 a Zollikon, Suíza, onde escribiu sobre a súa época na Bauhaus, e centrouse na crítica de arte.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Williamson, Beth (abril de 2016). "Lucia Moholy, 'Bauhaus Building, Dessau' 1925–6". Tate. Consultado o 29 de agosto de 2016. 
  2. Forbes, Meghan (inverno de 2016). ""What I Could Lose": The Fate of Lucia Moholy". Michigan Quarterly Review 55 (1). ISSN 1558-7266. hdl:2027/spo.act2080.0055.102. 
  3. Espejo, Bea (10 de xuño de 2016). "Lucia Moholy y los ángulos complejos". El Cultural. Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Lucia Moholy". 100 years of Bauhaus (en inglés). Bauhaus Kooperation 2019. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-11. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Blumberg, Naomi (22 de maio de 2016). "Lucia Moholy". Encyclopædia Britannica. Consultado o 5 de marzo de 2017. 
  6. Museo da Bauhaus (en alemán)
  7. Sachsse, Rolf. Lucia Moholy Bauhaus Fotograjin. Berlin: Bauhaus-Archiv, 1995
  8. Schuldenfrei, Robin. “Images in Exile: Lucia Moholy's Bauhaus Negatives and the Construction of the Bauhaus.” In History of Photography 37:2 (maio de 2013):182-203.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bergdoll, Barry; Dickerman, Leah (2009). Bauhaus 1919-1933 : workshops for modernity. Nova York: Museum of Modern Art. p. 344. ISBN 9780870707582. 
  • Madesani, Angela; Ossanna Cavedini, Nicoletta; Moholy, Lucia (2012). Lucia Moholy (1894-1989) : tra fotografia e vita = between photography and life. Cinisello Balsamo : Silvana Editoriale. p. 191. ISBN 9788836625406. 
  • Rosenblum, Naomi. A history of women photographers (Third ed.). Abbeville. p. 432. ISBN 9780789212245. 
  • Ulrike., Muller (2015). Bauhaus women : art, handicraft, design. Flammarion. pp. 142–149. ISBN 978-2080202482. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]