Luís de Trelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís de Trelles
Nome completoLuis de Trelles y Noguerol
Nacemento20 de agosto de 1819
Lugar de nacementoViveiro
Falecemento1 de xullo de 1891
Lugar de falecementoZamora
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Luis de Trelles Noguerol, nado en Viveiro o 20 de agosto de 1819 e finado en Zamora o 1 de xullo de 1891, foi avogado, político e xornalista galego, fundador da Adoración Nocturna Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos no Seminario de Mondoñedo, e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado en Viveiro, A Coruña e Madrid. Foi catedrático do Notariado na Coruña e impartiu clases de Dereito Civil na Facultade de Dereito da USC. Foi redactor de El Oriente, de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, dirixido por Vicente Manuel Cociña, e logo da marcha de Cociña a Córdoba substituíuno na dirección; colaborou en El Faro Nacional e El Pensamiento Español.

Foi deputado en Cortes polos distritos de Viveiro (1853-1854) e Vilademuls (Xirona) (1871). O goberno encargoulle un estudo sobre o foro galego que publicou en Faro Nacional (1859-1864). Fundou a Conferencia de San Vicente de Paúl en Viveiro (1858). Impulsou a Asociación del Culto Continuo e fundou El Centro Eucarístico de Madrid (1872), Adoración Nocturna en España (1877) e as Camareras de Jesús Sacramentado (1881).

En 1993 creouse a Fundación Luis de Trelles.

Veneración[editar | editar a fonte]

En 1994 comezou o seu proceso de beatificación na diocese de Zamora.[1] A fase diocesana do proceso rematou en 2001, e en 2009 foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos. O 22 de xaneiro de 2015 o papa Francisco declarouno "venerable".[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]