Luís II de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Luís II de Francia
Louis II de France 2.jpg
Nacemento1 de novembro de 846
Lugar de nacementovalor descoñecido
Falecemento10 de abril de 879
Lugar de falecementoCompiègne
SoterradoCompiègne
Ocupaciónmonarca
PaiCarlos II o Calvo
NaiErmentruda de Orleáns
CónxuxeAnsgarda de Borgonha e Adelaide de Paris
FillosLuís III de Francia, Carlomán II, Carlos III de Francia, Ermentrude of France e Gisela der Franken
IrmánsLothar the Lame, Carlos, a Criança, Carlomano, filho de Carlos, o Calvo, Drogo, Pepino, Carlos, Rothilde, Judite de Flandres, Ermentrude, Hildegarda, Gisla e Rotruda
editar datos en Wikidata ]

Luís II de Francia, chamado o Tatexo (en francés: Louis II le Bègue), nado en o 1 de novembro de 846 e finado en Compiègne en 879, foi un rei carolinxio, fillo maior de Carlos o Calvo. Foi rei de Aquitania desde o 867 e sucedeu ao seu pai como rei de Francia en 877[1].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do emperador Carlos II o Calvo e da súa muller Ermentruda de Orleáns, naceu o 1 de novembro de 846.

Revoltouse contra o seu pai en 862 e aliouse con Pipino II de Aquitania e cos bretóns rebeldes, pero foi rapidamente sometido e foi perdoado. Morto o seu irmán Carlos o Neno o 29 de decembro do 866, o seu pai designouno novo rei de Aquitania e coroouno a mediados de Coresma no 867 nun palacio real nas beiras do Loira chamado Bellus Pauliacus. Os señores de Aquitania recoñecérono e o seu pai dispuxo para o seu servizo varios oficiais, entre eles Bernardo Plantapilosa, conde de Auvernia, aínda que Luís permaneceu ao seu carón sen poder ir a Aquitania xa que non se fiaba.

Na asemblea de Servais na pascua de 872, Carlos o Calvo regulou, entre outras cousas, os asuntos do Reino de Aquitania e decidiu enviar a Luís ao reino e confiarlle a administración pero para se asegurar de que non faría nada conta el adxudicoulle un ministro de plena confianza do que dependía totalmente. Este posto foi conferido a Bosón de Vienne, o seu cuñado, que xa era duque de Lión, e ao que nomeou camareiro e mestre de uxieres (magister hostiariorum). Como pago deste traballo de confianza déuselle o condado de Bourges ou Berry, que antes fora propiedade dun tal Xerardo[2], pero ao que o rei Carlos desposuíra. Para a administración de Aquitania Bosón tivo como adxuntos a Bernardo de Gotia e a Bernardo Plantapilosa do condado de Autun aos que lle deu o condado de Auvernia (quizais debido á morte do fillo Guerino, conde como neto do último Bernardo I de Auvernia, cuxa filla e nai de Guerino era a esposa de Bernardo Plantapilosa, e Bernardo xa debía ser o rexente e administrador). Carlos enviou a Luís acompañado de Bosón a Bourges, a capital do reino.

Á morte do seu pai no 877, foi coroado rei dos francos, polo arcebispo Hincmaro de Reims o 8 de decembro de 877 en Compiègne, pero non emperador. No 878, pouco despois da súa coroación, aliouse con Bosón, conde de Vienne, e con Hugo, marqués de Neustria, conde de Tours, de Angers e de Auxerre, abade laico de Saint-Germain de Auxerre, de Saint-Julien de Auxerre, Saint-Aignan de Orléans, Saint-Riquier, Saint-Bertin, Saint-Martin de Tours, Saint-Vaast de Arras e Sainte-Colombe de Sens, e arcebispo de Colonia en 864, contra o rebelde Bernardo de Gotia a quen conseguiu someter. Bernardo foi privado das súas honras que lle foron dadas a outros nobres. Guifredo o Piloso, conde de Cerdaña e Urgell, recibiu os condados de Barcelona e Xirona (con Besalú), e o seu irmán Mirón o Vello, conde de Conflent, recibiu o Rosellón.

Luís II morreu en Compiègne o 10 de abril do 879 e sucedérono os seus dous fillos maiores.

Familia[editar | editar a fonte]

Nupcias e descendentes[editar | editar a fonte]

En 862 casou con Ansgarda de Borgoña coa que tivo dous fillos, Luís III de Francia e Carlomán II, e tres fillas Xisela, Hildegarda e Ermentruda.

Separado da súa muller, no 878 casou con Adelaida de Friúl, coa que tivo, postumamente, ao futuro Carlos III o Simple.

Devanceiros[editar | editar a fonte]

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Pipino o Breve
 
 
 
 
 
 
 
8. Carlomagno
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. Bertrada de Laon
 
 
 
 
 
 
 
4. Luís I o Piadoso
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
9. Hildegarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Carlos II o Calvo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Welf
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Xudit de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Hedwig de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Luís II o Tatexo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Odón I de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Ermentruda de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Armengol, Montse (outubro 2012). "El fundador de la nissaga catalana" (núm. 121). Barcelona. ISSN 1695-2014. 
  2. Non podería ser Xerardo de Auvernia morto en 841, e dificilmente Xerardo de Rosellón, retirado e morto uns dous anos despois con máis de 60 anos, se cadrar 70; no se puido identificar a súa familia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Devic, Claude & Vaissette, Joseph (1872): Histoire générale de Languedoc (en francés). Tolosa: Editora Edouard Privat (Ver outras edicións en Google Books Vol. 1 (1840), Vol. 2 (1840), Vol. 3 (1841), Vol. 4 (1749), Vol. 5 (1842), Vol. 6 (1843), Vol. 7 (1843), Vol 8 (1844), Vol 9 (1845).