Porta do Paraíso

A Porta do Paraíso é a porta leste do Baptisterio de Florencia, atópase situada fronte á catedral de Santa María do Fiore. Foi realizada polo ourive e escultor Lorenzo Ghiberti en 1452 e é a súa obra cume e unha das obras máis destacadas do Renacemento. Completamente dourada, foille posto o sobrenome de 'o Paraíso' por Miguel Anxo. Despois do aluvión de Florencia os paneis orixinais foron restaurados e conservados no Museo dell'Opera del Duomo que se atopa nas inmediacións.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1424, Lorenzo Ghiberti concluíra a porta que se atopa sobre o lado norte, esta porta nacera a consecuencia dun soado concurso do que participara até Filippo Brunelleschi. Despois dunha estancia en Venecia encárgaselle inmediatamente a realización da última porta do baptisterio (a primeira, hoxe ó sur, foi realizada por Andrea Pisano entre o 1330 e o 1336). A xestión da obra foi moi longa, durou 27 anos.
Galería de imágenes
[editar | editar a fonte]- A Porta, ó completo, coas esculturas de Sansovino e Innocenzo Spinazzi.
- Autorretrato de Lorenzo Ghiberti, no lateral do panel.
1. Adán e Eva. 2. Caín e Abel. 3. Noé (copia local). 4. Abraham. 5. Isaac, Esaú e Xacobe (copia local). 6. Xosé. 7. Moisés. 8. Xosué. 9. David e Goliat. 10. Salomón e a Raíña de Saba.