Baptisterio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O baptisterio de Parma.

Co nome de baptisterio desígnanse as pequenas igrexas e capelas destinadas á administración do bautismo, xa estean illadas das grandes basílicas (aínda que sempre próximas a estas), encostadas a elas ou dentro das mesmas. Construíronse en edificio á parte na época do emperador romano Constantino, sendo xa raro atopalos así a partir do século VII. En cambio, dispuxéronse como capela en todas as parroquias a partir de devandito século. Coñécese tamén co nome de baptisterio ó lugar ou sección da igrexa dedicado ó bautismo, no cal sitúase a pía bautismal.

Cando os baptisterios se erixían en edificio separado elevábanse sobre planta circular ou poligonal e coroábanse cunha cúpula de idéntica planta que se sostiña por arcos apoiados nunha columnata concéntrica ao muro. O seu interior adornábase con mosaicos e pinturas e no centro do plano alzábase a gran pía bautismal de pedra. Case todos os baptisterios dedicáronse a Xoán o Bautista e non se fundaban senón nas cidades que tiñan bispo.

O baptisterio paleocristián de San Giovanni in Fonte, na Catedral de Nápoles, considérase o máis antigo de Occidente.[1] É soado e típico, entre outros, o baptisterio da Basílica de San Xoán de Latrán que data da época de Constantino. Con el compite o mausoleo de Santa Constanza que probablemente serviu tamén de baptisterio na mesma época; o primeiro elevábase sobre planta octogonal e o segundo, sobre planta circular.

Tamén se erixiron desde o século XV numerosos baptisterios illados en Francia, no Norte de África, en Exipto, en Siria e nalgunhas outras rexións de Oriente. En España, apenas se coñecen baptisterios con esta característica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ugo Dovere, Il Duomo di Napoli, Editrice Velar, 1996, p. 81.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]