Adam Lonitzer
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 10 de outubro de 1528 Marburg |
| Morte | 29 de maio de 1586 Frankfurt |
| Educación | Universidade de Maguncia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Frankfurt Marburgo |
| Ocupación | Botánico prelinneano, profesor, matemático |
| Empregador | Universidade Philipps de Marburgo |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Lonitzer |
| Familia | |
| Cónxuxe | Magdalena Egenolff |
| Fillos | Johann Adam Lonicerus |
| Pai | Johannes Lonicerus |
| Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie Obálky knih, Medvik >>>:Lonitzer, Adam, 1528-1586, |
Adam Lonicer, Adam Lonitzer ou Adamus Lonicerus, nado en Marburg o 10 de outubro de 1528 e finado en Frankfurt o 29 de maio de 1586, foi un botánico alemán, notable pola súa revisada versión de 1557 do herbario do famoso Eucharius Rösslin (1470 – 1526).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun teólogo e filólogo,[1] estudou en Marburg e na Universidade de Maguncia, sendo alumno de Conrad Gessner, obtendo a súa mestría aos dezaseis anos. Foi nomeado profesor de Matemática na Universidade de Marburg en 1553, doutorándose en Medicina en 1554, converténdose no médico de Frankfurt. Porén, a súa verdadeira paixón foron as herbas e o estudo da botánica. A súa primeira importante obra foi sobre herbas, Kräuterbuch, publicada en 1557, cunha gran parte desta ocupándose da destilación. Lonicer recoñeceu as súas fontes para o libro, acreditando a Jean Ruelle (1474-1537), Valerius Cordus, Pietro Andrea Mattioli, Hieronymus Braunschweig e Conrad Gessner.
Lonicer casou con Magdalena Egenolff, filla do seu editor de Frankfurt, Christian Egenolff; e cando este faleceu en 1555, Lonitzer foi director da firma, publicando logo non menos de catro edicións de Kräuterbuch entre 1557 e 1577.
O xénero Lonicera da familia Caprifoliaceae chámase así na súa honra.[2]
A abreviatura Lonitzer emprégase para indicar Adam Lonitzer como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Prancha coloreada de Kräuterbuch, 1577
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://books.google.com/books?id=XeqWOkKYn28C&pg=PA138&lpg=PA138&dq=%22adam+lonicer%22&source=web&ots=hdEp0a9vcP&sig=_aqik5k2onJJZ3CCOJJKPTUGcU8
- ↑ Sp. Pl. 1: 173. 1753 [1 de maio 1753] (GCI)
- ↑ Véxase a listaxe de todos os xéneros e especies descritos por este autor en IPNI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adam Lonitzer |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Frank J. Anderson (1977): An Illustrated history of the herbals. Columbia University Press : xiv + 270 pp.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ArteOccidentale
- Bibliotecas da Smithsonian Institution
- «Adam Lonitzer», Índice Internacional de Nomes das Plantas (IPNI), Real Xardín Botánico de Kew, Herbario da Universidade Harvard e herbario nacional Australiano (eds.).