Lobo prehistórico
Lobo prehistórico Rango fósil: Plistoceno – Holoceno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
†Canis dirus' Leidy, 1858 | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
O lobo prehistórico (Canis dirus) é un mamífero extinto da familia Canidae que habitou a América do Norte no Plistoceno até hai cerca de 10.000 anos atrás. A pesar de estar relacionado co lobo gris (e por consecuencia co can) e de ser o seu contemporáneo, non se considera antepasado de ningunha destas especies.
O lobo prehistórico era semellante ao lobo cincento en tamaño e aspecto xeral, medindo cerca de 1,5 metros de longo con cerca de 50 kg de peso. É probábel que vivise en mandas unidas por lazos familiares e que cazase en grupo. A principal diferenza entre as especies encóntrase na estrutura do esqueleto, máis masivo e pesado no lobo prehistórico. Esta especie tiña patas proporcionalmente máis curtas, cabeza maior e máis pesada, mais menor capacidade cranial. Os dentes do lobo prehistórico eran tamén maiores e máis fortes que os do lobo cincento, capaces de esmagar ósos. Estas características suxiren que non fose un bo corredor e que se alimentase á base de animais lentos e de gran porte, de presas incapacitadas e carcasas, un pouco como as hienas actualmente, mais tamén como outros predadores seus contemporáneos, os felinos de dentes de sabre como o Smilodon, que tamén presentaban adaptacións evolutivas para a caza activa de animais de gran porte.
O lobo prehistórico evolucionou probabelmente na América do Sur e xorde no rexistro fósil da América do Norte hai cerca de 100.000 anos. A especie axiña se tornou nun predador importante, mais entrou en declinio hai 16.000 anos atrás, coincidindo coa chegada dos primeiros humanos ao continente americano a través do Estreito de Bering. As causas para a extinción do lobo prehistórico non son coñecidas con toda a clareza, mais suponse que estean relacionadas co impacto do ser humano na megafauna da América do Norte. Á medida que as súas presas tradicionais, como os megaterios, ían desaparecendo, o lobo prehistórico empurrouse para unha dieta esencialmente necrófaga e extinguiuse hai 10.000 atrás. En contraste, o lobo cincento que se alimentaba de animais máis pequenos e veloces que sobreviviron á chegada do home, non sufriu ningún impacto e mantense até aos días de hoxe.
Os primeiros fósiles de lobos prehistóricos foron descubertos por Francis Lick nas marxes do río Ohio en 1854, mais o principal lugar con esqueletos desta especie son os pozos de betume de La Brea, na California, onde se descubriron máis de 3.600 exemplares.