Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da presidencia do Brasil.
No Brasil , o presidente da República exerce o papel de xefe de estado e tamén o de xefe de goberno . Así ten sido dende o comezo da república, en 15 de novembro de 1889 , excepto nun curto período en que vixiu o parlamentarismo , de 1961 ata 1963 , cando era presidente João Goulart .
Algunhas observacións:
Un dos presidentes brasileiros, Francisco de Paula Rodrigues Alves , foi elixido en dúas ocasións, pero faleceu antes de asumir o goberno por segunda vez.
Outro dos presidentes, Getúlio Vargas , gobernou en dúas ocasións: na primeira, de 1930 ata 1945 , como interventor e despois como ditador . Na segunda ocasión, de 1951 ata 1954 , gobernou como presidente electo.
Un dos presidentes do Brasil foi electo pero non chegou a gobernar, pois foi deposto antes de asumir o poder, en 1930 : Júlio Prestes .
Un presidente civil foi escollido polo Congreso pero non gobernou, pois adoeceu na véspera de asumir o poder: Tancredo Neves . Tancredo estivo doente de 14 de marzo ata 21 de abril de 1985 cando faleceu. No seu lugar, asumiu no día 15 de marzo de 1985 o vicepresidente escollido polo Congreso, José Sarney .
De 1 de abril de 1964 ata 15 de marzo de 1985 o Brasil foi gobernado por militares escollidos indirectamente polo Congreso. Era unha forma de disfrazar unha ditadura que existía na práctica, xa que moitos deputados e outros políticos tiveron os seus dereitos políticos suspensos neste período. O ciclo militar após 1964 encerrouse en 1985 , cando un civil, Tancredo Neves , foi escollido como presidente, a pesar de non ter gobernado.
Dende 1989 as eleccións directas para presidente da república foron restabelecidas no Brasil. Foron elixidos directamente desde entón: Fernando Collor de Mello , Fernando Henrique Cardoso (reelixido para un segundo mandato) e Luiz Inácio Lula da Silva .
Fernando Collor de Mello , elixido en 1989 e que asumiu en 15 de marzo de 1990 foi o primeiro presidente do Brasil a sufrir proceso de impeachment (impedimento).
Dilma Rousseff foi a primeira presidente muller do Brasil, e tamén sufriu impeachment.
Os presidentes Itamar Franco , Lula da Silva , Fernando Henrique Cardoso e José Sarney na Cidade do Vaticano .
Esta é a lista dos presidentes do Brasil :
#
Presidente
Inicio do goberno
Fin do goberno
Vicepresidente(s)
1
Deodoro da Fonseca
15 de novembro , 1889
23 de novembro , 1891
Floriano Peixoto
2
Floriano Peixoto
23 de novembro , 1891
15 de novembro , 1894
-
3
Prudente de Morais
15 de novembro , 1894
15 de novembro , 1898
Manuel Vitorino
4
Campos Sales
15 de novembro , 1898
15 de novembro , 1902
Rosa e Silva
5
Francisco de Paula Rodrigues Alves
15 de novembro , 1902
15 de novembro , 1906
Silviano Brandão/ Afonso Pena
6
Afonso Pena
15 de novembro , 1906
14 de xuño , 1909
Nilo Peçanha
7
Nilo Peçanha
14 de xuño , 1909
15 de novembro , 1910
8
Hermes da Fonseca
15 de novembro , 1910
15 de novembro , 1914
Venceslau Braz
9
Venceslau Brás
15 de novembro , 1914
15 de novembro , 1918
Urbano Santos
-
Francisco de Paula Rodrigues Alves
Foi elixido, pero faleceu antes de exercer o goberno por segunda vez.
Delfim Moreira
10
Delfim Moreira
15 de novembro , 1918
28 de xullo , 1919
-
11
Epitácio Pessoa
28 de xullo , 1919
15 de novembro , 1922
Delfim Moreira/ Bueno de Paiva
12
Artur Bernardes
15 de novembro , 1922
15 de novembro , 1926
Estacio Coimbra
13
Washington Luís
15 de novembro , 1926
24 de outubro , 1930
Melo Viana
-
Julio Prestes
Foi deposto pola revolución de 1930 antes de exercer o goberno.
Vital Soares
-
Augusto Fragoso Isaías de Noronha Mena Barreto
24 de outubro de 1930
3 de novembro de 1930
-
14
Getúlio Vargas
3 de novembro , 1930
29 de outubro , 1945
-
15
José Linhares
29 de outubro , 1945
31 de xaneiro , 1946
-
16
Gaspar Dutra
31 de xaneiro , 1946
31 de xaneiro , 1951
Nereu Ramos
17
Getúlio Vargas
31 de xaneiro , 1951
24 de agosto , 1954
Café Filho
18
João Café Filho
24 de agosto , 1954
9 de novembro , 1955
-
19
Carlos Luz
9 de novembro , 1955
11 de novembro , 1955
20
Nereu de Oliveira Ramos
11 de novembro , 1955
31 de xaneiro , 1956
21
Juscelino Kubitschek
31 de xaneiro , 1956
31 de xaneiro , 1961
João Goulart
22
Jânio Quadros
31 de xaneiro , 1961
25 de agosto , 1961
João Goulart
23
Ranieri Mazzilli
25 de agosto , 1961
7 de setembro , 1961
24
João Goulart
7 de setembro , 1961
1 de abril , 1964
25
Ranieri Mazzilli
2 de abril , 1964
15 de abril , 1964
26
Castelo Branco
15 de abril , 1964
15 de marzo , 1967
José Maria Alckmin
27
Costa e Silva
15 de marzo , 1967
31 de agosto , 1969
Pedro Aleixo
-
Aurélio de Lira Tavares
Augusto Rademaker
Márcio de Sousa Melo
31 de agosto , 1969
30 de outubro , 1969
28
Garrastazú Medici
30 de outubro , 1969
15 de marzo , 1974
Augusto Rademaker
29
Ernesto Geisel
15 de marzo , 1974
15 de marzo , 1979
Adalberto Pereira dos Santos
30
João Baptista Figueiredo
15 de marzo , 1979
15 de marzo , 1985
Aureliano Chaves
-
Tancredo Neves
Primeiro civil escollido polo Congreso cando do fin do réxime militar, pero faleceu antes de exercer o goberno.
José Sarney
31
José Sarney
15 de marzo , 1985
15 de marzo , 1990
-
32
Fernando Collor
15 de marzo , 1990
29 de decembro , 1992
Itamar Franco
33
Itamar Franco
29 de decembro , 1992
1 de xaneiro , 1995
-
34
Fernando Henrique Cardoso
1 de xaneiro , 1995
1 de xaneiro , 2003
Marco Maciel
35
Luiz Inácio Lula da Silva
1 de xaneiro , 2003
1 de xaneiro , 2011
José Alencar
36
Dilma Rousseff
1 de xaneiro , 2011
31 de agosto , 2016
Michel Temer
37
Michel Temer
31 de agosto , 2016
1 de xaneiro , 2019
-
38
Jair Bolsonaro
1 de xaneiro , 2019
31 de decembro , 2022
Hamilton Mourão
39
Luiz Inácio Lula da Silva
1 de xaneiro , 2023
Geraldo Alckmin