Lista de capitais de provincia de España por altitude
Esta é unha lista das capitais de provincia de España ordenadas por altitude sobre o nivel do mar. Dita altitude adoita ser un valor que depende de como sexa calculado: ás veces é o punto máis elevado da localidade, outras o punto máis baixo, outras a altura da zona central (por exemplo, a capital do concello) e outras é a altura media de tódolos puntos da cidade. Tamén se emprega a altitude do aeroporto ou aeródromo, cando existe, posto que é a referencia do altímetro das aeronaves. Para evitar variacións segundo a fonte que se utilice, tomouse como dato o valor proporcionado polo Instituto Xeográfico Nacional de España.
España é un dos países con maior altura media de toda Europa, o que se traduce nunha gran cantidade de cidades por encima dos 500 e ata 800 metros de altitude. Esta elevación concéntrase na Meseta Central, e en particular na Submeseta Norte, e ten como resultado que esas cidades adoitan rexistrar no inverno as temperaturas máis frías de todo o país.