Linguas esquimó-aleutianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa das zonas onde se falan linguas esquimó-aleutianas.

As linguas esquimó-aleutianas[1] forman unha familia de linguas que se falan e son nativas do Canadá (Nunavut, Nunavik, Nunatsiavut), Alasca, Groenlandia e a península de Chukchi, no extremo leste de Siberia. Xeograficamente, as linguas esquimó-aleutianas forman parte das linguas indíxenas de América e están consideradas como unha das familias lingüísticas primarias do mundo. Non teñen relación algunha demostrada con ningunha outra familia de linguas de América do Norte[2] polo que se cre que representan a última e separada migración prehistórica de persoas dende Asia.

Clasificación da familia[editar | editar a fonte]

  • Aleutiano
    • Dialectos centrais e occidentais: Atkan, Attuan, Unangan e Bering (60–80 falantes)
    • Dialectos orientais: Unalaskan e Pribilof (400 falantes)
  • Linguas esquimós ou linguas iupik–inuit
    • Iupik (11 000 falantes)
      • Iupik de Alasca central (10 000 falantes)
        • Iupik de Alasca central (ou Yugtun)
        • Chevak cup’ik (ou Cugtun)
        • Nunivak cup'ig (ou Cugtun)
      • Alutiiq (400 falantes)
        • Koniag alutiiq
        • Chugach alutiiq
      • Iupik de Siberia central ou Yuit (Chaplinon e a illa St. Lawrence, 1 400 falantes)
        • Chaplinski
        • Iupik da illa St. Lawrence (Sivuqaghmiistun)
      • Naukan (70 falantes)
      • Sirenik (extinta) (ás veces considerada como unha póla independente da familia)
    • Inuit (98 000 falantes)
      • Inupiaq ou inupiat (norte de Alasca, 3 500 falantes)
        • Qawiaraq ou inupiaq da península de Seward
        • Inupiatun ou inupiaq do norte de Alasca (incluíndo Uummarmiutun)
      • Lingua inuvialuktun (Canadá occidental, 765 falantes)
        • Siglitun
        • Inuinnaqtun ou Kangiryuarmiutun
        • Natsilingmiutut
      • Inuktitut (Canadá oriental; xunto co Inuinnaqtun, 40 000 falantes)
        • Nunatsiavummiutut (Nunatsiavut, 550 falantes)
        • Nunavimmiutitut]] (Nunavik)
        • Qikiqtaaluk nigiani (Sur de Baffin)
        • Qikiqtaaluk uannangani (Norte de Baffin)
        • Aivilimmiutut (Centro e leste de Nunavut)
        • Kivallirmiutut (Sueste de Nunavut)
      • Groenlandés (Groenlandia, 54 000 falantes)
        • Kalaallisut (Groenlandés occidental, 50 000 falantes)
        • Tunumiit (Groenlandés oriental, 3 500 falantes)
        • Inuktun ou Avanersuaq (arredor 1 000 falantes)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrada esquimó-aleutiano en Digalego
  2. Steven, Jacobson (1984). Central Yupik and the Schools - A Handbook for Teachers. Alaska Native Language Center. University of Alaska Fairbanks. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]