As linguas iupik[1] son un grupo de varias linguas faladas polos pobos iupik do oeste e o centro de Alasca, así como do nordeste de Siberia. As linguas iupik diferéncianse unhas das outras de abondo como para non ser mutuamente intelixibles, malia que o falante dunha lingua pode entender a idea xeral da conversa dos falantes doutra lingua. Unha delas, o sirenik, extinguiuse en 1997.
Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. Nova York: Oxford University Press. ISBN0-19-509427-1.
S.A. Jacobson (2000). A Practical Grammar of the Central Yup'ik Eskimo Language. Fairbanks: Alaska Native Language Center and Program. ISBN1-55500-050-9[includes a CD with readings by Anna W. Jacobson].