Lingua kanuri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua canuri")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kanuri
Falado en: Nixeria
Níxer
Chad
Camerún
Total de falantes: 4 millóns
Familia: Nilo-sahariana
 Sahariana
  Sahariana occidental
   Kanuri
Códigos de lingua
ISO 639-1: kr
ISO 639-2: kau
ISO 639-3: varios
Kanuri languages map 001.png

A lingua kanuri[1] é un continuo dialectal falado por aproximadamente catro millóns de persoas en Nixeria, Níxer, o Chad e o Camerún, como tamén por pequenas minorías no sur de Libia e por unha diáspora no Sudán. Pertence ao sub-filo sahariano occidental das linguas nilóticas.

O kanuri é unha lingua asociada cos imperios Kanem e Bornu, que dominaron a rexión do lago Chad durante mil anos. É hoxe falada principalmente nas terras baixas na bacía do Lago Chad. Foi unha lingua franca tradicional, mais recentemente o seu uso vén decaendo.

A maioría dos que a teñen como primeira lingua hoxe falan tamén o hausa ou o árabe. É utilizada en escolas primarias en Nixeria e en Níxer, sendo posible o seu estudo en nivel PhD.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Ethnologue divide o kanuri nas seguintes linguas, en canto que algúns lingüistas (Ex. Cyffer 1998) descríbenas como dialectos dunha única lingua:

  • Kanuri Central
  • Kanuri Manga
  • Kanuri Tumari
  • Canembu

SIL considera o kanuri unha Macrolingua ISO 639 que agrupa as tres primeiras, sendo o canembu outra lingua.

Escrita[editar | editar a fonte]

O kanuri escribiuse co alfabeto ajami e árabe até o século XVII, especialmente en contextos de xustiza e relixiosos, desde os últimos catrocentos anos.[2] Máis recentemente vén sendo escrito no alfabeto latino nunha versión padronizada con base no dialecto maiduguri. A actual ortografía foi desenvolvida no inicio dos anos 70 e implementada en 1975 en Maiduguri, Nixeria.

Alfabeto[editar | editar a fonte]

A ortografía estándar foi desenvolvida pola Unidade de Investigación Kanuri e polo Kanuri Language Board sobre comando do Visir Abba Sadiq da etnia bornu[3].

As letras utilizadas son: a b c d e ǝ f g h i j k l m n ny o p r ɍ s sh t u w y z[4]. Obsérvase a ausencia das letras latinas Q, W e X.

Fonoloxía[editar | editar a fonte]

O kanuri presenta tres tons: alto, baixo e decrecente. Presenta un extenso sistema de enfraquecemento de consoantes - exemplo:, sa- "eles" + -buna "comeron" > za-wuna "eles comeron".

Gramática[editar | editar a fonte]

A secuencia básica das palabras nas oracións en kanuri é Suxeito-Obxecto-Verbo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definición de sahariano -na no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2006. Consultado o 24 de novembro de 2011. 
  3. Dictionary of the Kanuri language. Norbert Cyffer, John P. Hutchison, 1990. ISBN 90-6765-412-4]
  4. Conforme alfabeto kanuri —213-99 da República de Níxer Arquivado 27 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (Chantal Enguehard - Université de Nantes) A letra ‘‘schwa’’ usada no kanuri é en Unicode U+01DD e non U+0259, en maiúscula Ǝ U+018E é non Ə U+018F.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Norbert Cyffer, We Learn Kanuri (libro e 2 casetes de son), ISBN 3-927620-01-7, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1993.
  • Norbert Cyffer, English-Kanuri Dictionary, ISBN 3-927620-44-0, Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1994.
  • Norbert Cyffer, A Sketch of Kanuri. Rüdiger Köppe Verlag: Köln 1998.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]