Linda Lovelace

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLinda Lovelace

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Linda Susan Boreman Editar o valor em Wikidata
10 de xaneiro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Bronx, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de abril de 2002 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Denver, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Accidente de tráfico Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaParker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLinda Lovelace Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Altura173 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastaño Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz porno (1969–1980), activista polos dereitos das mulleres , actriz de cinema , autobiógrafa , prostituta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1969 Editar o valor em Wikidata - 1975 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeChuck Traynor (pt) Traducir (1971–1974) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0001483 Allocine: 16007 Rottentomatoes: celebrity/linda-lovelace Allmovie: p43452 TV.com: people/linda-lovelace
Musicbrainz: 2bacb2e6-24c7-4c17-9e91-a5cf46e8596a Discogs: 42331 WikiTree: Boreman-201 Find a Grave: 6364421 Editar o valor em Wikidata

Linda Susan Boreman, nada en Nova York o 10 de xaneiro de 1949[1] e finada en Denver o 22 de abril de 2002, foi unha actriz porno estadounidense coñecida como Linda Lovelace célebre pola súa interpretación no filme hardcore de 1972 Deep Throat. Posteriormente converteuse en cristiá renacida e en voceira do movemento antipornografía.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Linda Boreman naceu nunha familia de clase traballadora de Nova York,[3] filla de John Boreman, oficial de policía que apenas estaba na casa, e Dorothy Boreman (Tragney), camareira que describiu como dura, dominante e pouco amorosa.[4] Cando Boreman tiña dezaseis anos, a familia mudouse a Davie, Florida, despois de que o seu pai se retirase.[5]

Aos vinte anos deu a luz un fillo fóra do matrimonio, que a súa nai obrigou a que dese en adopción.[4] Pouco despois volveu a Nova York para estudar informática. Alí tivo un accidente de tráfico polo que requiriu unha transfusión de sangue. Isto provocoulle unha hepatite que fixo que dezaoito anos despois precisase dun transplante de fígado.[6]

Mentres se recuperaba na casa dos pais, relacionouse cun home chamado Chuck Traynor. En pouco tempo namoráronse e poucos meses despois casaron. El humillábaa e agredíaa e pasou a mantela case encarcerada; ademais, obrigouna a se prostituír, ameazándoa de morte se non o facía. A súa vida tomou un novo rumbo cando Chuck a coaccionou para actuar en filmes pornográficos.[7] Nesa época, Linda foi obrigada a manter relacións sexuais cun cadelo.[8] En 2013, Larry Revene, o cámara que rodou o filme falou sobre el e negou que Boreman fose coaccionada para facer a escena.[9] O actor Eric Edwards, presente na rodaxe, declarou o mesmo.[10]

En 1972, fíxose célebre ao protagonizar o filme Deep Throat, que acadou unha popularidade sen precedentes e mesmo se publicou unha crítica en The New York Times.[11][12] Deep Throat gañou 600 millóns de dólares, mais a Boreman só lle pagaron 1250 dólares, que foron confiscados polo seu marido.[13][14] En decembro de 1973 debutou no teatro con Pajama Tops no Locust Theatre de Filadelfia. A produción non tivo éxito e a interpretación de Boreman foi mal recibida.[15][16]

O seu matrimonio con Traynor rematou en 1973, cando ela conseguiu fuxir e o denunciou á policía. Desesperada, sen conseguir emprego, continuou a traballar como actriz porno, mais a súa carreira entrou en decadencia cando decidiu migrar de filmes pornos duros a producións máis suaves, incluídas Deep Throat II e Linda Lovelace for President, ambos fracasos de público.[4]

En 1980, lanzou unha autobiografía titulada Ordeal, en que revelaba que foi vítima de violación, violencia doméstica, prostitución e pornografía. A obra, xunto cunha declaración nas comisións do Congreso, axudaron a investigar irregularidades na industria pornográfica. Co libro, pasou a ser activista contra a industria pornográfica.

A finais da década de 1980 casou con Larry Marchiano, antigo cliente, que a tirou da prostitución e do cinema pornográfico. Xuntos, tiveron dous fillos. En 1990 a familia mudouse a Denver. Após diversos desentendementos, divorciáronse en 1996. Na época, desenvolveu un novo cadro de depresión, e debido a complicacións do uso de silicona, desenvolveu un cancro de mama, necesitando realizarse unha mastectomía.

O 3 de abril de 2002 sufriu un violento accidente automobilístico, cando o seu coche chocou contra un poste. Foi internada no Denver Health Medical Center, ficando en coma e falecendo semanas despois como consecuencia das múltiplas feridas por todo o corpo que atinxiron os seus órganos vitais. Marchiano e os seus dous fillos estaban presentes cando faleceu.[17]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "UPI Almanac for Friday, Jan. 10, 2020". United Press International. 10 de xaneiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de febreiro de 2020. … X-rated film actor Linda Lovelace in 1949 
  2. Briggs, Joe. "Linda Lovelace dies in car crash - UPI.com". United Press International. Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2015. Consultado o 27 de abril de 2015. By 1980 she had become a mother of two, a born-again Christian, and a feminist -- and was living on welfare as her husband tried to make ends meet as a cable installer on Long Island. She had already become the feminist poster child for the demeaning effects of pornography, turning up in Andrea Dworkin's 1979 book "Pornography: Men Possessing Women." 
  3. Standora, Leo (23 de abril de 2002). "Ex-Porn Star Lovelace Dies After Crash" Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine.. Daily News. WebCitation archive.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Linda Lovelace" Arquivado 24 de maio de 2018 en Wayback Machine.. The Daily Telegraph. 24 de abril de 2002
  5. "Linda Lovelace". Arlindo-correia.org. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro d 2013. Consultado o 2013-04-27. 
  6. Briggs, Joe Bob (25 de abril de 2002). "Linda's Life". National Review. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2007. Consultado o 16 de marzo de 2007. 
  7. Lovelace, Linda; McGrady, Mike (2000). Ordeal. Citadel Press. p. 110–114. ISBN 0-8065-0687-3.
  8. Saraccino, Carmine; Scott, Kevin M. (2008). The Porning of America: The Rise of Porn Culture, What It Means, and Where We Go from Here. Boston: Beacon Press. pp. 15–16. ISBN 978-0807061534. 
  9. Larry Revene: Loops and Organized Crime Arquivado 31 de xullo de 2013 en Wayback Machine., The Rialto Report Arquivado 27 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 12 de maio de 2013.
  10. "Eric Edwards: Twilight of a Shy Porn Star". 6 de ouburo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 5 de agosto de 2016. 
  11. Canby, Vincent. The New York Times, 21 de xaneiro de 1973
  12. Bronstein, Carolyn. Battling Pornography: The American Feminist Anti-Pornography Movement, 1976–1986 Arquivado 29 de xullo de 2014 en Wayback Machine.. 2011. Cambridge University Press. Page 75. Arquivado en Google Books. Consultado o 6 de maio de 2012.
  13. "Linda Boreman, 53; Star of 'Deep Throat' Became Advocate Against Porn". Los Angeles Times (en inglés). 2002-04-23. Consultado o 2020-06-29. 
  14. Segaloff, Nat (2017-10-08). Screen Saver Too: Hollywood Strikes Back (en inglés). BearManor Media. 
  15. Collins, William B. (29 de decembro de 1973). "Critic Raps Linda's Latest Acting Effort". Willoughby News Herald. Knight Newspapers. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  16. "Play is Closing". Uniontown Evening Standard. Associated Press. 15 de xaneiro de 1974. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  17. de Vries, Lloyd (23 de abril de 2002). "'Linda Lovelace' Dies". CBS News. Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jack Stevenson (ed): Fleshpot: Cinema's Sexual Myth Makers & Taboo Breakers (Headpress, Inglaterra 2000)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]