Rugby Ourense Keltia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rugby Ourense Keltia

O Rugby Ourense Keltia é un club de rugby da cidade galega de Ourense, fundado o 6 de xuño de 2014. Xoga os seus encontros como local no Estadio Universitario, que comparte co outro equipo da cidade, o Ourense Rugby Club. As súas cores son o verde, amarelo e negro. Na tempada 2014/15, a do seu debut, participou na segunda división da liga galega, acadando un cuarto posto que lle valeu para disputar as eliminatorias polo ascenso, caendo nas semifinais fronte ó Club de Rugby Lalín por 34-12.

Na tempada 2015/16 rematou primeiro na segunda división gañando tódolos encontros. Nas eliminatorias polo ascenso bateu ó Santiago Rugby Club nas semifinais e ó Club de Rugby Fendetestas na final, acadando o ascenso á primeira división da liga galega.

Na tempada 2016/2017, tras o ascenso conseguido o ano anterior, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga venceu os Ingleses RC nas semifinais, sucumbindo na final ante ó CR Ferrol.

Na tempada 2017/2018, acadou o segundo posto na fase regular da primeira división autonómica Galega. Nas eliminatorias polo título de liga caeu na semifinal ante ó CR Ferrol.

O club deixou de competir de forma federada no verán de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]