Saltar ao contido

Licofrón de Calcis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLicofrón de Calcis
Biografía
Nacemento320 a. C. Editar o valor en Wikidata
Cálcis, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte280 a. C. Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Actividade
Ocupaciónescritor de traxedia, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
PaiLycus of Rhegium Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1102744

Licofrón ou Licofronte de Calcis foi un poeta grego do século -III, nado en Calcis, na illa de Eubea.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Viviu en Exipto, na corte de Ptolomeo Filadelfo e foi bibliotecario da Biblioteca de Alexandría. Escribiu un gran número de traxedias, que se perderon, e poesías. Tamén elaborou un catálogo de escritores cómicos e un tratado Sobre a comedia. Formou parte da Pléiade poética e da Pléiade tráxica.

Del non se conserva máis que un poema titulado Alexandra (outro nome de Casandra, filla de Príamo) composto por 1474 versos iámbicos. Trátase dunha longa premonición das desgrazas reservadas a Troia que termina con referencias a Alexandre Magno, escrito nun estilo enigmático e pouco intelixíbel por mor das abundantes perífrases, as escuras alusións eruditas, o vocabulario rebuscado, a abundante intertextualidade, a sintaxe tortuosa e a presenza de artificios manieristas como enigmas, anagramas e palíndromos. Este poema foi moi comentado desde época bizantina polos eruditos Isaac e Xoán Tzetzes, cuxos escolios se conservaron, e xa un romano como o gran poeta Estacio, a fins do século I, queixábase "dos subterfuxios do escuro Licofrón" (Silvae V, 2, 157).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Licofrón / Trifiodoro / Coluto. Alejandra / La toma de Ilión / El rapto de Helena. Intr., trad. y notas de M. y E. Fernández-Galiano. Rev.: L. A. de Cuenca. Madrid: Editorial Gredos. ISBN 978-84-249-1231-4. 
  • Lycofrón. Casandra. Traducción, notas y comentario de Pascale Hummel. Chambéry: Ediciones Comp’Act. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]