Batalla de Liexa
Batalla de Liexa | |
---|---|
Primeira guerra mundial | |
Fronte Occidental da Primeira Guerra Mundial ![]() | |
![]() | |
Tipo | batalla ![]() |
Coordenadas | 50°28′26″N 5°34′20″L / 50.473888888889, 5.5722222222222 |
Localización
| |
Data | |
Data | 4 de agosto - 16 de agosto de 1914 |
Comezo | 4 de agosto de 1914 ![]() |
Remate | 16 de agosto de 1914 ![]() |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
A batalla de Liexa foi a batalla inicial da invasión xermana de Bélxica na primeira guerra mundial. Comezou o 4 de agosto do 1914 e finalizou o 16 do mesmo mes, cando a cidade se rendeu aos alemáns.
Contexto histórico
[editar | editar a fonte]O Imperio Alemán declaroulle a guerra ao Imperio Ruso o 1 de agosto de 1914 cumprindo os acordos militares que mantiña co Imperio Austro-Húngaro. O día 2 enviou un ultimato a Francia e ao Imperio Británico. Os plans militares xermanos baseábanse nunha rápida conquista de París, sacando así a Francia da guerra. Posteriormente, centraríanse na fronte rusa. Para poder cumprir os obxectivos, as tropas alemás debían atravesar Bélxica cara ás Ardenas. O Alto Mando pensaba que os belgas ían ofrecer moi pouca ou ningunha resistencia. Os belgas dispuxeron as súas tropas en diversos fortes e posicións defensivas. Cando os alemáns entraron en Bélxica atopáronse cunha resistencia moito maior do esperado e foron freados, permitindo aos franceses e británicos organizar a defensa de París.
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |